InicioEconomíaNovo golpe á industra madereira da Mariña, cun Erte de oito meses...

Novo golpe á industra madereira da Mariña, cun Erte de oito meses en Costiña que afectará a 47 obreiros

O serradoiro de Alfoz adebeda dous meses e dúas pagas extra aos operarios; á espera dunha compra, suspenderá 31 empregos durante catro meses e outros 16 en idéntico período

Publicada o

- Advertisement -

Despois do Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) en Muebles Hermida, que afectou a uns 93 traballadores da moblería de Lourenzá, o sector da transformación de madeira na Mariña Lucense recibiu outro golpe esta semana ao entrar en vigor un Erte no serradoiro de Costiña, en Alfoz, que afectará a 47 dos 65 traballadores da empresa.

Segundo explican desde a CIG, único sindicato con representación no comité de empresa, o Erte foi acordado a finais da semana pasada co beneplácito da asemblea de persoal, e entrou en vigor o luns. Segundo o pacto entre a central nacionalista e a dirección de Costiña, suspenderase o contrato de 31 traballadores nun primeiro período de catro meses, e doutros 16 a posteriori e en idéntico prazo. Obreiros de administración, mecánica e outras tarefas non se verán afectados.

DÉBEDA CERCANA AOS CATRO MILLÓNS

Os traballadores leva todo o ano sen cobrar. A empresa adebédalles os meses de xaneiro e febreiro, e tamén dúas pagas extra arrastradas do pasado exercicio. Segundo fontes sindicais, Costiña tería unha débeda cercana aos catro millóns de euros, dous deles de xeito estruturado con entidades financieiras desde o ano 2014. A dirección solicitou o concurso voluntario de acredores, pero por agora non recibiu o visto bo correspondente do Xulgado do Mercantil.

“Agora mesmo non hai actividade ningunha, quedará a xente suficiente para dar saída ao stock de madeira, e esperamos que máis adiante si a haxa”, asegura Afonso Losada, da delegación de construción e madeira provincial da CIG. A intención ao aceptar o Erte, indica, é gañar tempo para que poida haber unha inxección de capital ou un comprador. “Sabemos que hai unha empresa cántabra importante no sector interesada, pero imaxinamos que esperará a que se aclare o proceso concursal para presentar unha oferta, unha vez dispoña do informe concursal e estea reducida a débeda coa quita”, expón o sindicalista.

O persoal de Costiña denunciou publicamente no pasado mes de setembro os impagos que padecía, pero a finais do pasado ano e principios deste preferiu levar o conflito laboral en silencio. “Fixemos presión a nivel interno con folgas, condicionadas a pagos de mensualidades en prazos concretos, que en ocasións se foron cumprindo. Non quixemos estorbar a unha posible compra, pois sabemos que houbo reunións”, indicou.

A VENTA, CONSIDERADA “IMPRESCINDIBLE”

Respecto dos pagos, Losada indica que “a empresa asegura que asumirá o mes de xaneiro, e febreiro probablemente haberá que solicitalo ao Fondo de Garantía Social (Fogasa)“. O sindicalista considera unha venta “imprescindible. Coa estrutura actual probablemente non haxa viabilidade. Temos un posible comprador que manifesta a súa intención de investir na zona e agarrámonos a iso”, sostén.

TAMÉN EN AVILÉS

Na delegación de Maderas Costiña en Avilés aplicarase o mesmo Erte. Neste caso, o expediente afectará a doce operarios, en quendas de seis e seis empregados, tamén en prazos de seis meses.

EN MUEBLES HERMIDA, Á ESPERA DO INFORME CONCURSAL, A SEMANA QUE VÉN PODERÍA SER CHAVE

En Muebles Hermida, o persoal segue á espera do informe que debe presentar o administrador concursal, Javier Reigosa. Segundo expuxeron fontes sindicais, a semana que vén podería concretarse unha reunión cos sindicatos para presentar o documento, que debe ofrecer unha previsión de futuro da firma, que se debate entre a venta ou a liquidaciónSegundo sostivo El Progreso, o volume de débeda rondaría os 13 millóns de euros, aínda que o activo superaría en dous millóns o pasivo.

Segundo expuxo o presidente do comité de empresa, Manolo Franco, a totalidade do persoal cobrou os catro meses solicitados ao Fogasa. Varios traballadores “foron encontrando emprego” ante a aplicación do Erte, que entrou en vigor a finais do mes de xaneiro e que durará un máximo de nove meses.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...