InicioEconomíaCasado promete apoiar o estatuto de presentarse "en marzo" e "incluír as...

Casado promete apoiar o estatuto de presentarse “en marzo” e “incluír as alegacións” das Autonomías

Tras reunirse co comité de Alcoa en San Cibrao, o líder do PP aumenta a presión sobre o Executivo para que acepte as reclamacións ao borrador do texto

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do Partido Popular (PP), Pablo Casado, comprometeuse este xoves en San Cibrao a apoiar o estatuto para a industria electrointensiva se o Goberno central o presenta “no mes de marzo” e “inclúe” as alegacións formuladas ao documento polos Executivos autonómicos de Galicia, Asturias e Cantabria.

Despois de que o Senado tombase unha proposta dos conservadores para urxir ao Estado a que aceptase as reclamacións feitas polas Autonomías, Casado incrementou a presión sobre o Goberno central para que modifique o documento. “O PP apoiará esa iniciativa se Pedro Sánchez a presenta este mes de marzo como Real Decreto-Lei e temos que votala no Congreso“, asegurou.

Casado reuniuse co comité de empresa, José Antonio Zan, e con delegados dos tres sindicatos con representación no organismo de representación dos traballadores (CC OO, CIG e UGT), non soamente con delegados da central sindical maioritaria como por erro publicou o Xornal da Mariña.

Tralas críticas por parte do BNG e da ministra de Industria sobre a actitude dos conservadores en precampaña electoral das autonómicas, o líder do PP xustificouse en que “os traballadores viñeron a entrevistarse con nós a Xénova e comprometérame a devolverlles a visita; fágoo agora, antes de que se inicie a campaña dos comicios galegos, e fágoo para mandar aos obreiros unha mensaxe en positivo. O Partido Popular apoiará as súas reivindicacións se o Executivo de Pedro Sánchez cumpre co que leva prometendo un ano“, argumentou.

“ESTA XENTE LEVA DEMASIADO TEMPO SEN PEGAR OLLO”

Sobre a urxencia que transmitiu na súa demanda, salientou que “creo que todo o mundo entende porque falamos do mes de marzo. Non podemos tirar a pelota cara diante ata o mes de abril e despois deixar a esta xente tirada, que leva demasiado tempo sen pegar ollo porque non saben que vai ser dos seus traballos e das súas familias”, razoou.

Casado falou de que a situación da planta de aluminio, ameazada de peche por Alcoa sen un abaratamento da electricidade, “non é cousa menor”, xa que un posible peche “afectaría a uns 2.000 traballadores contando cos empregados das auxiliares, e 5.000 postos de traballo tamén se poderían ver afectados. A situación da industria en España é preocupante, vese a dificultade nas electrointensivas na cornixa cantábrica, e o Goberno ten que facer algo por manter este sector que dá emprego de calidade e que permite ter industria auxiliar e moi exportador”, manifestou.

CHAMA AO BNG A QUE “SE SUME” Á PRESIÓN

Nunha intervención na que chamou a atención a ausencia do presidente da Xunta e candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, e na que non se admitiron preguntas, o dirixente do Partido Popular referiuse ás críticas recibidas por nacionalistas e nacionalistas pola súa visita e instounos a “camiñar xuntos” para “resolver” a situación e “instar ao Goberno a que cumpra. Que se sumen“, sostivo.

“APROBARÁ” UNHA DOTACIÓN ORZAMENTARIA PARA O TEXTO

Acompañado dos alcaldes de Cervo e Xove, Alfonso Villares e Demetrio Salgueiro, do deputado Jaime de Olano e da número 1 da lista popular por Lugo para as eleccións autonómicas, Elena Candia, Casado foi máis alá para afirmar que se a aprobación do estatuto dos consumidores electrointensivos “conleva unha dotación orzamentaria, esa partida aprobarémola tamén nos orzamentos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...