InicioEconomíaEnce salienta que fabrica "celulosa para papel hixiénico e outros produtos básicos"...

Ence salienta que fabrica “celulosa para papel hixiénico e outros produtos básicos” tralas críticas por non parar

A compañía asegura que non hai positivos por coronavirus en Navia, con 420 traballadores, e que "menos de dez" obreiros están en corentena preventiva

Publicada o

- Advertisement -

Ence anunciou este xoves a través dun comunicado de prensa que “preto da metade” do persoal das súas fábricas a nivel estatal está a desenvolver as súas tarefas desde a casa, malia que a firma “está traballando para asegurar o fornezo de enerxía eléctrica renovable e de celulosa, material co que se fabrican produtos hixiénicos de primeira necesidade, bens e servizos básicos” na actual situación de pandemia polo coronavirus.

A compañía emitiu esta nota despois das críticas da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) porque a papeleira non parara a produción nin na factoría pontevedresa nin en Navia. Respecto da biofábrica naviega, Ence asegura que non se deron positivos entre o persoal pero non concreta o número de traballadores que hai en corentena preventiva, “en calquera caso menos de dez”, zanxa a empresa. Uns 420 obreiros traballan na planta do Occidente asturiano.

O pasado día 10 de marzo, segundo publicou La Nueva España, 17 traballadores tiveron que marchar para a casa por precaución ao dar positivo por coronavirus unha persoa coa que estiveron nun enterro.

A compañía sostén que “a temperá e estrita” aplicación do protocolo interno e de prevención “está permitindo que todas as plantas de enerxía renovable e de celulosa da empresa estean operando”.

MODIFICACIÓN DAS QUENDAS

A firma remarca “a importancia” que en situacións coma a actual “cobra o fornezo aos cidadáns tanto de enerxía eléctrica renovable e firme, como de produtos celulósicos, especialmente de papel tisú, principal destino da celulosa de Ence, que xoga un papel importante nas medidas hixiénicas necesarias para previr e combater o Covid-19“.

No que atinxe ao persoal, Ence expón que “modificáronse as quendas para o persoal das distintas plantas, o que permite que actualmente non coincida traballando presencialmente nas mesmas máis dun 12% dos empregados. Igualmente, estanse aplicando estritos protocolos de prevención para todos os traballadores do ámbito forestal e loxístico”, salienta.

PREVÉ “UNHA CRISE LONGA”

No comunicado, a compañía prevé “unha crise longa” que “será imposible superar se se paraliza a produción dos bens e servizos que precisa a cidadanía. Estamos focalizando os esforzos en garantir a seguridade das persoas, pero tamén en manter o emprego e a actividade económica”, argumenta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...