InicioEconomíaEnce Navia inicia a parada técnica anual, que implica a 1.650 obreiros

Ence Navia inicia a parada técnica anual, que implica a 1.650 obreiros

O alto da produción, que adaptará a papeleira para un aumento produtivo, durará quince días

Publicada o

- Advertisement -

A fábrica papeleira de Ence en Navia parou máquinas para a súa posta a punto anual. As instalacións da factoría naviega son estes días obxecto de diferentes operacións de mantemento, ampliación e mellora, que implican ata 1.650 operarios nas horas puntas. Aos 350 empregados da fábrica súmanse traballadores de 120 empesas que desenvolven diferentes tarefas durante os quince días de parada técnica, que comezou onte.

A compañía anunciou nun comunicado que as melloras operativas e medioambientais previstas suporán un investimento de máis de oito millóns de euros. Segundo explica no documento, a empresa acomete a suspensión da actividade de transformación da madeira para avanzar no proxecto de ampliación da capacidade produtiva da fábrica en 80.000 toneladas, que culminará o próximo ano. 

A empresa resalta que boa parte das empresas que participarán na parada son asturianas. Pero tamén achegarán o seu gran de area fimas especializadas no sector da celulosa que proceden de países como Holanda, Suecia, Noruega, Austria ou Brasil.

a empresa asegura que investirá 4,2 millóns no capítulo ambiental

A papeleira naviega tamén acometerá actuacións encamiñadas a aminorar o impacto da súa actividade no relativo ás emisións atmosféricas, ao ruído xenerado pola factoría e á redución de cheiros. Neste capítulo ambiental, a empresa investirá 4,2 millóns de euros, a maior parte deles destinados á instalación dun novo clarificador de licor verde que, segundo explican, optimizará o proceso de recuperación de produtos químicos e de redución de emisións de partículas nos fornos de cal.

VERQUIDOS

O comunicado menciona tamén melloras na calidade dos líquidos residuais que Ence verte á ría, que motivaron unha denuncia da Coordinadora Ecologista de Asturias ante o Principado no pasado mes de marzo. 

Para mellorar a eficiencia do descortizado e alcanzar niveis de eficiencia óptimos no aproveitamento da madeira, procederase á substitución do tambor de descortizado en liña do parque de madeiras, o que suporá un investimento de 1,3 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...