(VÍDEO) O Virxen da Blanca amosa o seu día a día no Atlántico norte: “quedamos no barco, queda na casa”

A tripulación do palangreiro de superficie, que faena ao peixe espada e a caella, convida a respectar o confinamento e consumir peixe

Pesca dunha caella. ARRACADA PRODUCIÓNS

A tripulación do Virxen da Blanca de Burela quixo mandar unha mensaxe desde alta mar nun vídeo publicado en redes a través da Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) Lugo.

Os tripulantes do palangreiro de superficie, que estes días faena ao peixe espada e á caella no Atlántico norte, entre as illas Azores e o Sur de Terranova, amosaron na peza audiovisual o seu día a día no mar, e convidaron á veciñanza a obedecer ás autoridades e a mercar peixe.

“Nós quedamos no barco, ti queda na casa”, é o lema dos mariñeiros, que aseguran no tocante á pandemia que “esta marea logo pasará”, e piden os veciños que non se esquezan da importancia socioeconómica do sector pesqueiro e consuman peixe.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here