InicioEconomíaAlcoa renuncia "temporalmente" a rearrincar as cubas que cheguen á fin da...

Alcoa renuncia “temporalmente” a rearrincar as cubas que cheguen á fin da súa vida útil en San Cibrao

Segundo aseguran os sindicatos, apela á "incerteza do mercado" para tomar reducir o mantemento na planta "ao imprescindible"; afectará ao emprego nas empresas auxiliares

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa comunicou aos seus traballadores nunha reunión extraordinaria celebrada este xoves que temporalmente renunciará ao rebrascado das cubas de electrolise que cheguen á fin da súa vida útil, segundo admitiu o comité de empresa do complexo industrial de San Cibrao nun comunicado.

Isto supón que durante un período de tempo que non se concreta as cubas máis vellas das 474 que hai arestora en funcionamento, despois de que no pasado mes de agosto a multinacional parase un total de 32, non serán reacondicionadas para ser rearrincadas. Tampouco se reactivarán as xa apagadas.

Na nota, segundo os sindicatos, Alcoa apela a executar “o mantemento imprescindible ou esencial” para a continuidade da planta.

En principio, a medida non debera afectar ao persoal da planta de aluminio, pero si que suporá recortes no emprego nas empresas auxiliares.

Segundo argumenta o comité, “a produción de aluminio de valor engadido viuse reducida considerablemente pola crise industrial debido ao coronavirus, polo que nestes momentos estase a fabricar en gran medida aluminio para refundir, o cal afecta aos resultados financieiros polo baixo prezo do London Metal Exchange (LME) no mercado actual, que non compensa a baixada do prezo da enerxía“.

Alcoa, que vén de anunciar o peche dunha planta de fundición en Washington malia colleitar resultados positivos no primeiro trimestre do ano -debidos en parte á venta doutra factoría-, manifestou a súa intención de “optimizar a dispoñibilidade de efectivo” como “medida temporal” ante “a incerteza do mercado a nivel global”, indica a nota.

A multinacional ameazou en reiteradas ocasións con pechar a planta de aluminio do complexo industrial de San Cibrao, reclamando un abaratamento da enerxía eléctrica para facer a produción “viable”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...