IniciosociedadeA plataforma das auxiliares de Alcoa insta aos obreiros a renunciar ás...

A plataforma das auxiliares de Alcoa insta aos obreiros a renunciar ás horas extras

A coordinadora cifra en "preto de cen" os traballadores que se verán afectados pola decisión da multinacional de non reparar cubas e asegura que defenderá "todos os postos de traballo"

Publicada o

- Advertisement -

Logo do anuncio de Alcoa, o pasado xoves, de que renuncia a reparar e poñer en marcha as cubas de electrolise da planta de aluminio de San Cibrao que cheguen o final da súa vida útil, a plataforma que aglutina a representación sindical nas empresas auxiliares do complexo industrial de Cervo, as máis afectadas polo recorte, instan aos seus compañeiros a non facer horas extras.

A coordinadora, da que forman parte os delegados sindicais de 21 empresas, para preto de 1.000 traballadores representados, advirte de que se trata “dunha primeira medida” ante a decisión de Alcoa, posto que “serán máis se a situación se agrava”.

“Sería unha falta de empatía por parte dos traballadores seguir facendo horas extraordinarias para facer medrar o salario cando hai case un cento de compañeiros que están a piques de perder o seu posto de traballo”, razoa a plataforma.

Segundo advertira nun primeiro momento a plataforma, prescindir das tarefas de brascaxe afectaría directamente a uns 50 traballadores de tres auxiliares de Alcoa, Reymogasa -uns 25-, Cyrgasa -trece- e Rodabell. Con todo, os sindicatos destas tres firmas expuxeron que o número de obreiros afectados será maior debido ao forte impacto que suporá a perda deste contrato, pola contía económica e tamén pola estabilidade que ofrecía a estas empresas, ao ser un ingreso fixo.

21 EMPRESAS E CASE 1.000 EMPREGOS

Deste xeito, desde a plataforma piden “a solidaridade” e “o apoio” á súa solicitude aos traballadores de ReymogasaCotelsaCyrgasaTerpilJofrasaNogueraIndustrias XovePasek, GarmilMaesa e Isotrón, RodabellMecanizados RodabellMontaxes RodabellSaur XoveTalleres NogueraMayco, Sertosa Norte, Dominium, Daorje, Mantenimientos Mafer e Recalnor.

A coordinadora matiza que “ata o de agora ningunha empresa das afectadas propuxo EREs, ERTEs ou despedimentos, mais se eses anuncios chegan, as medidas irán a máis e non vacilaremos na intención de defender todos e cada un dos nosos postos de traballo”, asegura. “A situación social na que vivimos por mor da crise do Covid-19 é moi complexa, máis estes delegados non permitirán que se confinen os dereitos da clase traballadora e se eliminen os seus empregos”, expón a plataforma.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...