O comité solicita á Xunta que interveña para evitar que Alcoa deixe apagarse as cubas

Os sindicatos entrevistaranse o vindeiro xoves con Feijóo, buscan data para reunirse co BNG e farano tamén con representantes do Goberno central

Concentración polo futuro de Alcoa ante a subdelegación do Goberno. EFE/ELISEO TRIGO

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, considera que a crise económica xerada pola pandemia do coronavirus, engadida aos problemas da elevada tarifa eléctrica, “poden formar un cóctel explosivo que faga saltar a fábrica polo aire”.

Zan indicou a intención de pedir na reunión prevista o vindeiro xoves co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a súa mediación coa dirección da multinacional estadounidense do aluminio para impedir a decisión de non reparar as cubas que cheguen ao final da súa vida útil.

En declaracións a Efe, Zan aclarou que nun conversación telefónica co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, onte xa lle manifestou a súa preocupación por esta decisión da empresa e solicitoulle que a Xunta interveña para que a empresa “siga reparando as cubas que chegan ao final da súa vida útil“.

Esta medida, prevista para o primeiro de maio, suporía perder 50 empregos directos en auxiliares como Reymogasa, Cyrgasa e Rodabell, pero probablemente decenas de postos de traballo -arredor de cen- ao perder estas empresas unha facturación importante e fixa durante o ano.

Nestes momentos, ademais do elevado prezo da enerxía, o sector enfróntase ao problema do “baixo prezo” do aluminio no mercado internacional por un “falta de clientes”.

ROLDA DE REUNIÓNS

O comité de empresa de Alcoa está ademais “pechando data” para reunirse co BNG e o 7 de maio entrevistarase co director da multinacional en España, Álvaro Dorado. Ademais, expoñen os sindicatos, tamén agardan manter unha reunión co secretario de Industria, Raül Blanco, “antes do remate desta semana”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here