InicioEconomíaGreenalia porá en funcionamento en xuño un parque eólico en Ourol

Greenalia porá en funcionamento en xuño un parque eólico en Ourol

A instalación terá unha potencia instalada de 22,5 MW e a pleno rendemento permitirá evitar a emisión dunha cantidade de CO2 similar "á de 16.300 coches circulando", afirma a empresa

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A empresa Greenalia poñerá en marcha ao longo do mes de xuño un novo parque eólico no municipio lucense de Ourol, unhas instalacións cunha potencia instalada de 22,5 MW, nas que a compañía investiu 26 millóns de euros e que poderán comezar verter enerxía na rede coa entrada do verán.

Greenalia poñerá así en marcha o segundo parque eólico da compañía, trala conexión á rede o pasado mes de decembro do parque eólico de Miñón, en Vimianzo.

Actualmente, unha vez terminada a obra civil, o parque de Ourol está xa na fase de montaxe dos aeroxeneradores, un total de 5 máquinas de 4,5 MW cada unha, cun rotor de 136 metros, precisa a propia compañía nun comunicado.

230 EMPREGOS XERADOS NA SÚA CONSTRUCIÓN

A construción do parque e a súa posta en marcha permitiu xerar 230 empregos na súa área de influencia.

Cando estea a pleno rendemento, o parque eólico de Ourol producirá 65.300 MWh/ano, “cunha repercusión positiva no medio ambiente“, di a empresa, pois esa enerxía renovable evitará a emisión de CO2 á atmosfera nunha cantidade equivalente á que emiten “16.300 coches circulando durante un ano”.

OUTROS TRES EÓLICOS POR FINALIZAR NA PROVINCIA DA CORUÑA

A estes dous primeiros parques (Miñón e Ourol) sumaránselles, no último trimestre de 2020, tres máis na provincia da Coruña – Alto de Croa, Alto de Croa II e Monte Tourado-, “todos eles actualmente en fase avanzada de tramitación”, afirma Greenalia.

En total, ao finalizar os cinco parques que forman parte da primeira fase do proxecto Eolo da compañía, puxéronse en marcha 74,2 MW de potencia instalada, o que “supoñerá un gran impacto económico e laboral positivo nas zonas de implantación destes parques, máis destacado si cabo executándose en plena crise xerada pola pandemia do Covid-19“.

“Para a posta en marcha destas infraestructuras de enerxía renovable investíronse 87 millóns de euros e mobilizado preto de 1.000 postos de traballo“, precisa Greenalia, un produtor independente de enerxía renovable con sé na Coruña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...