IniciosociedadeSete empresas tentan probar a eficacia de prototipos para minimizar os problemas...

Sete empresas tentan probar a eficacia de prototipos para minimizar os problemas coa néboa na A-8

Coa sinatura dos contratos comeza a fase 1 da CPI, na que se demostrará a viabilidade de tres propostas para axudar á condución e outras catro para disipar a brétema no Fiouco

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno central anunciou a través dun comunicado de prensa que comezou a primeira fase do proceso de Compra Pública Innovadora (CPI) para o deseño, a construción e a experimentación con prototipos de solucións innovadoras a fin de facerlle fronte á néboa nunha zona de proba anexa ao treito da Autovía do Cantábrico entre Mondoñedo e A Xesta. Neste tramo, que se corresponde co Alto do Fiouco, prodúcense constantes cortes da circulación a causa da brétema.

A subdelegada do Executivo centrak, Isabel Rodríguez, avanzou que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana xa asinou todos os contratos coas empresas seleccionadas para deseñar o sistema de protección antinéboa da Autovía A-8, e que a primeira fase do CPI está “en marcha”. O orzamento do proxecto é de máis de dous millóns de euros.

A Compra Pública Innovadora desenvólvese en competencia por fases temporais que son de carácter eliminatorio, ata seleccionar as mellores solucións para resolver o problema da néboa. A primeira delas consiste na demostración da viabilidade das solucións propostas. Nela, cada un dos adxudicatarios debe realizar os estudos e demostracións necesarios que permitan comprobar a eficacia e a viabilidade técnica e económica de cada proposta.

Na segunda fase acometerase a construción e experimentación en campo a escala real con catro prototipos seleccionados, dous por cada lote, co fin de verificar o correcto funcionamento dos desenvolvementos teóricos nun contorno real nas condicións de néboa características do treito da A-8 entre Mondoñedo e A Xesta.

Unha vez validada a tecnoloxía ensaiada, procederase a unha contratación convencional para a construción dos sistemas antinéboa seleccionados.

BALIZAS CON LUZ LÁSER

A Fase 1 organizouse en dous lotes e un total de sete contratos de servizos. Os tres contratos do primeiro lote “son para o desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en sistema de axuda á condución en situacións de néboa e suporán un investimento total de 722.675 euros (impostos incluídos)”, indica o Goberno central.

O Executivo concreta que as propostas seleccionadas consisten en: un sistema de balizamento lateral da vía con luz láser; a sinalización horizontal con tecnoloxía LED proxectada sobre a calzada; un sistema baseado no uso de balizas intelixentes.

Os contratos foron adxudicados a TECNIVIAL, S. A., por un importe de 241.999 euros; Tree Tecnology S. A., por importe de 240.690 euros e á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Sener Ingeniería y Sistemas, S. A. e API Movilidad, S. A., por 239.985 euros.

ASPERSORES OU ESTRUTURAS ABOVEDADAS SOBRE A VÍA

En canto ao lote 2, son catro os contratos para o desenvolvemento de solucións innovadoras baseadas en sistemas que actúan sobre a néboa mediante o seu illamento, eliminación ou desprazamento. Neles vanse investir 1.317.956 euros.

Neste caso, as propostas baséanse nun sistema de difusión automático por aspersores de materiais higroscópicos; barreiras aerodinámicas cortaventos de porosidade variable; estruturas de formigón abovedadas sobre cada calzada con aberturas laterais en toda a súa lonxitude; a combinación de barreiras estáticas e barreiras dinámicas que empregan dispositivos fluido-mecánicos.

Os contratos foron adxudicados a CHM Obras e Infraestructuras, S. A., por un importe de 362.346 euros; Construcciones San José, por 322.469 euros; a UTE formada por Puentes y Calzadas Infraestructuras S. L. y Estructuras y Montajes de Prefabricados S. A., en 271.152 euros; e Técnica y Proyectos S. A. por importe de 361.988 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...