InicioEconomíaO persoal de Alcoa votará do 15 ao 22 de maio o...

O persoal de Alcoa votará do 15 ao 22 de maio o anteproxecto do décimo sétimo convenio colectivo

Con Ertes nas auxiliares, a fábrica de aluminio ameazada de peche e a negativa da multinacional a prorrogar o anterior acordo, a votación celebrarase nun contexto convulso

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao votarán do 15 ao 22 de maio o anteproxecto proposto polo comité de empresa de cara a negociar o décimo sétimo convenio colectivo.

Dada a continuidade do estado de alarma, os obreiros recibirán, segundo un comunicado do comité, o anteproxecto por correo electrónico.

A votación celebrarase no comedor, coas seguintes datas e horarios: o 15 e o 20 de maio, de 11.00 a 13.00 horas; os días 19 e 22, de 12.00 a 16.00 horas. Os traballadores que non se poidan desprazar ao complexo industrial sancibrense poden exercer o voto por correo postal ou facilitalo nun sobre pechado a través dalgún compañeiro ou representante das centrais sindicais –CC OO, CIG e UGT-, cunha copia do documento nacional de identidade.

A votación celebrarase nun contexto convulso, coa fábrica de aluminio ameazada de peche por Alcoa sen un abaratamento do prezo da electricidade a longo prazo e coa renuncia da multinacional a realizar o cambio de cubas en electrolise, o que supón a perda de maquinaria e provocou a presentación de Expedientes de Regulamento Temporal de Emprego (Ertes) en auxiliares como Reymogasa e Cyrgasa, con 46 obreiros afectados.

De feito, Alcoa negarase a prorrogar o anterior convenio durante un ano, unha petición formulada a finais de abril polo comité xunto co respecto aos contratos de relevo acordados, a fin de “dar tranquilidade aos obreiros” para que poidesen consumir no comercio da Mariña Lucense.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...