InicioEconomíaO buque de Burela Virxen da Blanca, retido en Irlanda, reúne o...

O buque de Burela Virxen da Blanca, retido en Irlanda, reúne o aval

Un barco irlandés encargarase da tramitación e a embarcación podería quedar liberada este martes

Publicada o

- Advertisement -

O palangreiro de Burela Virxen da Blanca, que fica desde o xoves retido en Castletown, Irlanda, acusado de realizar finning -unha práctica ilegal que consiste en capturar tiburóns para sustraer as aletas e tirar os troncos ao mar– xa reuniu o aval de 339.000 euros que lle impoñen as autoridades irlandesas para proceder á liberación do buque.

O xerente da Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de Lugo, Sergio López, agarda que os trámites burocráticos para a liberación da embarcación podan quedar resoltos este martes.

O aval foi presentado en Irlanda e agora debe ser unha entidade bancaria irlandesa a que finalice a xestión”, expón López. Unha vez liberada, a tripulación do Virxen da Blanca, que consta de 13 persoas, decidirá se volve ao porto burelés ou continúa a pesca.

a tripulación, de 13 persoas e que permanece retida desde o xoves, decidirá se segue a pescar ou volve á casa

“NON FACEMOS FINNING”

No 2013 tentou poñerse fin ao finning, unha práctica  que somete aos animais a unha lenta agonía e que foi alimentada polo lucrativo negocio da sopa de aleta de tiburón. A OPP Lugo nega as acusacións que verten as autoridades irlandesas sobre o Virxen da Blanca. “Negamos a maior. Ningún barco da flota española nin da portuguesa fai isto”, asegura López.

O xerente da OPP Lugo explica o que aconteceu co barco mariñao. “Cando se pescan tiburóns pequenos, envólvense nunha rede ou malla para conxelalos, e en ocasións os apéndices, que non as aletas, caen ou rompen e gárdanse á parte. Son partes co tamaño dun dedo maimiño e que non teñen gran valor para facer a sopa”, expón.

“CAMBIO DE CRITERIO”

López lembra que “este barco foi inspeccionado por autoridades irlandesas o día 2 de agosto sen que houbese ningún problema”. Así, asegura que “houbo un cambio de criterio neste sentido e non sabemos exactamente a que se debe. Só que se os inspectores son máis estrictos teremos que ter coidado”, conclúe.

“o que pasou nada que ver co finning. pero se os inspectores son máis estrictos deberemos ter coidado”, sinala a opp

A multa que terá que afrontar o Virxe da Blanca é de 35.000 euros, pero os inspectores irlandeses pediron un aval de 339.000 euros ao contabilizar na retención “os quilos de peixe e as artes de pesca, é dicir, o conxunto do barco”. Unha cantidade que a o PP considera “desproporcionada”, sinala López, que pregunta: “e se o barco non dispón dese diñeiro? Queda parado tres ou catro meses?”. 

O XUÍZO, EN OUTONO

Os avogados prepararán en diante a defensa do buque. “Segundo o funcionamento habitual da xustiza irlandesa, o máis probable é que o xuízo sexa a principios de outubro ou finais de novembro”. O finning pode ser obxecto de sancións pola vía penal, que normalmente se resolven cunha compensación económica. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...