O Virxen da Blanca queda libre e retomará este mércores a pesca

Tras presentar o aval e obter o visto bo do xulgado irlandés, o buque burelés seguirá a faenar ata completar a marea

Virxen da Blanca. CONFRARÍA DE BURELA

O palangreiro de Burela Virxen da Blanca presentou o aval requerido polo xulgado de Irlanda, 339.000 euros, e queda libre tras ficar retido desde o pasado xoves. A tripulación do buque burelés, que consta de 13 persoasretomará este mércores a pesca e volverá á casa ao rematar a marea

A tripulación do buque foi acusada polos inspectores irlandeses de facer finning, unha práctica ilegal que consiste en cortar as aletas dos tiburóns -moi apreciadas para facer sopa- e devolver os troncos dos animais ao mar. A Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de Lugo negou sempre esta acusación e alegou que “non se trata de aletas, senón de pequenos apéndices que caen ao meter os peixes en redes para conxelalos”.

DEFENSA

Os avogados reunirán probas ao longo das vindeiras semanas para presentar no xuízo ao buque, que se celebrará presumiblemente a finais de outubro ou principios do mes de novembro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here