InicioEconomíaDenuncian que Vestas despediu tres obreiros por negarse a facer tarefas para...

Denuncian que Vestas despediu tres obreiros por negarse a facer tarefas para as que non tiñan cualificación

O comité afirma que "non constan faltas nin causas obxectivas" para cesar "por motivos disciplinarios" a estes obreiros, con máis de dez anos na empresa

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Vestas denunciou este sábado o despedimentosen causa obxectiva” e de forma “totalmente inxusta” de tres traballadores con dez ou máis anos de antigüidade na fabricación de xeradores e outros dous na ensamblaxe de paneis eléctricos. Os obreiros foron despedidos o pasado venres “por motivos disciplinarios“, aseguran os sindicatos, “sen que cometeran ningunha falta nin conste amonestación por escrito”.

Segundo explica o presidente do comité, David Mariño, “trátase de bos traballadores” que quedarán na rúa “nun momento tan complicado coma este”, sen que

O comité expón que o motivo dos cesamentos foi que os traballadores se opuxeron a realizar tarefas paras as que non están cualificados, como exercer como xefes de equipo substitutos ou inspectores de calidade cando non son oficiais de primeira.

“Estes traballadores, de maneira responsable, indicaban á empresa ao non estar preparados para desempeñar esas tarefas reservadas a persoal doutras categorías, con coñecementos e titulación especifica para ese fin, de xeito que en momentos de ausencia destes traballadores eles non podían asumir esa responsabilidade. Mesmo, nalgún caso, non estaban legalmente autorizados. Tampouco se lles recoñecía unha determinada categoría para facelo, de xeito que encargándolles eses labores Vestas pretendía aforrarse un plus aprobado no convenio“, asegura Mariño.

O sindicalista engade que “en Vestas non gustan as persoas que teñen unha opinión e que queren aterse a unhas determinadas regras; entendemos que esa pode ser a causa oculta deses despedimentos”. Uns cesamentos que contextualiza “na semana que se fixo pública a nova da derrogación da Reforma Laboral. Cabe pensar que se aproveita a incerteza do momento para desfacerse de empregados sinalados por parte da empresa”, argumenta.

DESPIDOS “IMPROCEDENTES”

Os sindicatos concretan que, duns 140 traballadores, a principios deste ano despediuse a outros catro empregados, xustificando a empresa que “era necesario” por “unha baixada demostrable” da produción. “Daquela mal que nos pesou entendimos que era un sacrificio que había que facer, pero a dirección dixo que con esa medida garantíanse os postos do resto. Agora vemos que non era certo”, lamentan.

O comité expón que alomenos dous traballadores teñen intención de emprender accións legais para reverter un despido que consideran “totalmente improcedente“, aínda que “sabemos por casos anteriores que estas persoas non volven entrar, que se lles paga unha indemnización pero non hai volta atrás. Non hai dereito, cando teñen gañado o seu posto despois de dez anos”, manifesta Mariño.

“ESTA É A REALIDADE DA EMPRESA”, AFIRMAN

“Cando en outubro do 2019 se celebraba ao grande os 20 anos de Vestas Viveiro en Chavín, coas autoridades políticas a nivel local, provincial e comunidade autónoma presentes no evento, augurábase un futuro prometedor á fábrica e aos seus traballadores, con máis carga de traballo e posibles novas incorporacións, pero podemos ver que todo isto era unha pantalla moi afastada á realidade. O que acaba de pasar é inhumano para uns obreiros que teñen familias detrás”, conclúe o comité.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...