InicioEconomíaAlcoa propón un despedimento colectivo en aluminio con ata 534 obreiros afectados...

Alcoa propón un despedimento colectivo en aluminio con ata 534 obreiros afectados de 633

A multinacional plantexa aos sindicatos operar só unha parte da fundición, sen recortes en alúmina; insiste en que abre "un período de consultas informal" sen "ningunha decisión tomada"

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa emitiu este xoves un comunicado de prensa tralas reunións mantidas co comité de empresa de San Cibrao e coa representación dos traballadores a nivel europeo no que anuncia a súa intención de “iniciar un período de consultas para un proceso de despedimento colectivo. Este proceso afectaría potencialmente ata a un máximo de 534 empregados da planta de aluminio“, indicou a multinacional.

O complexo industrial de Cervo está composto por unha planta de aluminio e unha planta de alúmina, que empregan a 633 e 510 persoas respectivamente, segundo os datos da propia compañía. “A reestructuración prevista na planta de aluminio prevé operar só unha parte da fundición. A produción da planta de alúmina non se verá afectada por este período informal de consultas”, indica Alcoa.

A multinacional asegura que a situación de aluminio é “insostible” debido a “factores estruturais inherentes e a dificultades de carácter permanente”.

Esta fábrica “afronta unha serie de problemas externos de produción e de mercado que fixeron que a produción de aluminio primario sexa ineficiente e a operación da planta non sexa competitiva. Eses problemas estruturais inclúen os altos custos de enerxía e o baixo prezo do aluminio que, xunto co exceso de capacidade global, causaron significativas perdas recurrentes, que se prevé que continúen“, argumenta a multinacional, que remarca que “estes factores existían antes da crise da Covid-19 e espérase que continúen trala emerxencia sanitaria”.

ASEGURA QUE NON TOMARÁ “NINGUNHA DECISIÓN” ATA CONCLUÍR UNHAS CONVERSAS DE “TRES SEMANAS”

“Alcoa é consciente do posible impacto nos empregados e propuxo abrir un período informal de consultas coa representación dos traballadores, que terá unha duración aproximada de tres semanas, para explicar a situación da planta, os retos que afronta e discutir as opcións e medidas. O propósito desta consulta informal é poder avanzar cos representantes dos traballadores antes de iniciar un período formal de consultas, que ten uns prazos concretos”, explicou a empresa na nota, asegurando que “non se tomará ningunha decisión ata que o periodo de consultas conclúa“.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...