EFE. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou que está “tentando garantir os empregos” en Alcoa e a “perdurabilidade desta importante” industria, despois de que os traballadores cortasen a autovía do Cantábrico en protesta pola ameaza de despedimento da multinacional de aluminio a máis de 500 empregados, que poderían ascender a 800 co impacto nas empresas auxiliares do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) anunciado en San Cibrao.
Tras recordar que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo que dirixe Reyes Maroto está “falando coa empresa”, o presidente recoñeceu que este foi un “tema recurrente” ao longo dos dous anos que leva á fronte do Executivo, para o cal polo momento non se atopou unha solución.
FEIJÓO PRESIONA AO EXECUTIVO
Sánchez referiuse ao conflito de Alcoa na conferencia de prensa ofrecida trala reunión da telemática con presidentes autonómicos, entre eles o galego Alberto Núñez Feijóo que lle transmitiu a súa preocupación pola situación da fábrica de San Cibrao (Lugo).