InicioEconomíaRecollidas de sinaturas, vídeos e grupos: A Mariña arroupa os obreiros de...

Recollidas de sinaturas, vídeos e grupos: A Mariña arroupa os obreiros de Alcoa na rúa e nas redes

Dani, o fillo dun obreiro que traballa "a quendas" en Alcoa, pide ao Goberno nunha peza audiovisual que evite que a súa familia teña que marchar da comarca

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A loita pola supervivencia da fabricación do aluminio en San Cibrao non fixo máis que comezar e a comarca da Mariña Lucense está envorcada cos traballadores do persoal e das empresas auxiliares, cuxos empregos sosteñen económicamente a unha parte importante da costa de Lugo.

Esas iniciativas de apoio proliferan na rúa e nas redes sociais.

Ana Isabel Dopico, filla dun ex traballador da fábrica de Alcoa en San Cibrao, lanzou a través de Change.org unha campañade recolleita de sinaturas para impedir o peche da fábrica e en poucas horas conseguira máis de 6.000 apoios.

Dani, o fillo dun empregado de Alcoa que traballa “a quendas” na factoría de San Cibrao tamén editou un vídeo, que foi difundido a través de Facebook e de Youtube, no que lle pide ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que faga “todo o posible” para evitar “o peche da fábrica”, porque iso supoñería que tanto el como os seus pais terían que mudarse e deixar atrás á súa familia e amigos.

Este vídeo, no que o adolescente explica que os “seus dous avós” traballaron en Alcoa e que el mesmo aspira a facelo algún día, foi reproducido por case 3.000 persoas en apenas unhas horas.

Un grupo de Facebook a favor da continuidade de Alcoa xa suma máis de 9.000 likes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...