Forescelta aspira a criar porco celta en extensivo na Pontenova e Castropol

O grupo operativo, que nace do colectivo de municipios da comarca do Eo, ideou un proxecto para aproveitar o monte como lugar de pastoreo

Presentación do evento. AXM

A asociación de municipios InterEo, que agrupa a 14 municipios de Galicia e Asturias, presentou este venres na casa da cultura da Pontenova o grupo operativo Forescelta, que pretende aproveitar o monte para potenciar a cría do porco celta en rexime extensivo.

Nun momento no que esta especie é cada vez máis coñecida e ten saída no mercado, a intención do proxecto é fomentar o uso de carballeiras e castañais infrautilizados para deste xeito impulsar as zonas máis desfavorecidas do rural galego e asturiano a través da gandería, obter unha carne de maior calidade e previr incendios a partir do control da biomasa.

a cría no monte mellora a carne, estimula a economía do rural e axuda a previr lumes

O grupo operativo redactará un proxecto que presentará antes do 1 de outubro ao Ministerio de Agricultura. O colectivo de municipios agarda obter financiación para crear explotacións piloto, nas que se instalará un novidoso sistema de cercado móbil e refuxios que coidarán dos animais sen que sexa obrigatoria a presenza do pastor. Estes ensaios realizaranse en Castropol, Oscos, A Pontenova e A Fonsagrada.

PRESENTACIÓN

Na presentación do evento participaron o tenente de alcalde da Pontenova, Francisco Martínez, o alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, Javier Silva, do Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal), e José Barreira Alonso, presidente da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here