Caballero reclama “un compromiso” a Alcoa, que recibiu “35.000 euros por traballador” nos dous últimos anos

O xefe de filas do PSdeG-PSOE critica a "ausencia" da Xunta no conflito da planta de aluminio e insta ao Goberno central a avaliar "todas as intervencións posibles"

Gonzalo Caballero, co presidente da Deputación, José Tomé, e outros cargos socialistas na manifestación de Viveiro. AXM

Osecretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, censurou a “ausencia” da Xunta de Galicia no conflito da planta de Alcoa en San Cibrao a pesar de ter competencias en política industrial e insistiu en que o Goberno central debe estudar “todas as intervencións legais e economicamente posibles”.

Así se pronunciou durante a súa participación no Foro de la Nueva Economía ao ser preguntado pola manifestación celebrada o domingo en Viveiro en defensa do emprego nesta factoría.

Neste sentido, lembrou que no caso da factoría de San Cibrao, neste período a Administración central destinou axudas por 38 millóns de euros. “Por cada traballador 35.000 euros de apoio á empresa”, precisou para esixir un “compromiso” a unha multinacional que recibiu millóns de euros públicos. Ademais, pediu traballar na aprobación do estatuto para os consumidores electrointensivos e evitar o peche das cubas en San Cibrao. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here