InicioEconomía(VÍDEO) Os obreiros de Alcoa cortan a entrada ao complexo horas antes...

(VÍDEO) Os obreiros de Alcoa cortan a entrada ao complexo horas antes da mesa multilateral por aluminio

Os traballadores levantaron barricadas de pneumáticos para visibilizar a súa situación no día no que se reunirán empresa, sindicatos, Goberno central e Xunta

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores de Alcoa San Cibrao retomaron este martes as protestas ante o despedimento colectivo anunciado pola multinacional na planta de aluminio, que afectaría a 534 obreiros da factoría e a máis de 400 das empresas auxiliares.

Os obreiros cortaron a entrada ao complexo industrial de Cervo con barricadas de pneumáticos, nunha xornada que se presume importante para atopar unha alternativa ao Expediente de Regulación de Emprego (ERE) feito público pola compañía, dado que se reúne na Coruña (18.30 horas, Delegación do Goberno) a mesa multilateral polo futuro de Alcoa San Cibrao, con presenza da empresa, dos sindicatos, do Executivo central e da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...