InicioEconomíaGómez Reino critica o "mutismo" de Feijóo con Alcoa e lémbralle que...

Gómez Reino critica o “mutismo” de Feijóo con Alcoa e lémbralle que ten as competencias en Industria

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas, que se reuniu co comité de San Cibrao, promete "un plan de rescate" para alúmina e aluminio

Publicada o

- Advertisement -

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á presidencia da Xunta de Galicia e voceiro da coalición, Antón Gómez Reino, asegurou este xoves que “se non hai unha solución de futuro para Alcoa antes do 12 de xullo, o futuro Goberno de progreso fará unha intervención pública decidida para garantir o emprego e a viabilidade das dúas factorías en Galicia”.

Gómez Reino, e o cabeza de lista por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, mantiveron unha xuntanza co comité de Empresa de Alcoa en San Cibrao, na que recolleron o malestar dos representantes sindicais logo de encallar a negociación coa empresa na tarde de onte.

VE NECESARIO DAR FUTURO A MEDIO E LONGO PRAZO ÁS “DÚAS FÁBRICAS”

O portavoz trasladoulles a proposta da coalición de urxir un plan de rescate de Alcoa no que se impliquen todas as Administración públicas con “todos os recursos precisos” para garantir tanto os empregos como a viabilidade da planta.

“Levamos meses e mesmo anos reinvindicando e mobilizándonos ao carón dos seus traballadores: esta factoría é fundamental para A Mariña, para Lugo e para o país. Cómpre lembrar que é a única planta de producción de aluminio primario do Estado”, remarcou Gómez Reino. “É fundamental e imprescindible garantir todos os empregos a viabilidade no inmediato, pero tamén a medio e longo prazo das dúas fábricas de Alcoa en Galicia”.

“Hai sensibilidade e vontade do Ministerio de Industria de procurar unha solución pero creo que é evidente que o señor Feijóo é o mudo nesta situación. Leva anos sen facer nada nin por Alcoa nin polo conxunto do tecido industrial galego”, sostivo.

O PP “MIRARÁ PARA OUTRO LADO TAMÉN TRALAS ELECCIÓNS”

“Desde Galicia en Común sinalar a absoluta irresponsabilidade do popular Núñez Feijóo, que en dez anos de Goberno con plenas competencias da Xunta en Industria, tal e como lle faculta o artigo 30 do Estatuto de Autonomía de Galicia; Feijóo mirou para outro lado, centrouse en desviar o foco da súa inacción e foi un espectador pasivo e cómplice do desmantelamento da industria de Galicia e da destrución de miles de postos de traballo no sector e da depauperación de comarcas enteiras”, afirmou.

“Alcoa é o exemplo máis dramático de como a desidia e a incompetencia dun gobernante borra a Galicia do mapa, subsumida na súa ambición persoal e política. Con Feijóo, Galicia non existiu. Gardou silencio mentres se desmantelaba o país e estamos convencidos de que mirará para outro lado despois das eleccións”, sinalou Gómez Reino.

“Non o permitiremos”, remarcou Gómez Reino. “O futuro Goberno de progreso a fronte da Xunta exercerá as competencias que ten atribuídas para garantir a viabilidade de Alcoa na Coruña e San Cibrao e traballar arreo no deseño dun novo modelo produtivo para Galicia que ofreza seguridade xurídica e o apoio institucional ás empresas para garantir non só o mantemento do emprego, senón a creación de postos de traballo no sector”, finalizou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...