Un traballador do complexo industrial de Alcoa San Cibrao, Walter Lage Castro, pendurou nas redes sociais o que semella que converterá no himno non oficial da loita dos obreiros polo mantemento da produción e do emprego na planta de aluminio, na que a multinacional anunciou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afectaría ata a 534 empregados e a outros máis de 400 de empresas auxiliares.
Esta e a cancion .. a voz pois asi esta de tanto berrar nas manifas, e a musica nn pidades moito, pero pa berrala a pulmon ben vale💪💪💪💪💪💪💪💪
Publicada por Walter Lage Castro en Jueves, 11 de junio de 2020
‘A Mariña sálvase loitando‘ é o título da canción deste obreiro de Foz, que a ritmo de rock repasa algunhas das consignas máis habituais nas manifestacións do persoal, mesturándoas cunha letra propia. A peza, compartida por veciños e empregados, non tardou en facerse viral e seguro que soará nalgunha das protestas.