InicioEconomíaA Mariña manda un SOS desde Foz para seguir producindo aluminio

A Mariña manda un SOS desde Foz para seguir producindo aluminio

Milleiros de persoas participaron a pé e en lachas recreativas nunha nova manifestación contra o despedimento colectivo anunciado por Alcoa

Publicada o

- Advertisement -

Ramón González Rey/EFE. Milleiros de persoas marcharon este domingo en Foz baixo o lema ‘A Mariña sálvase loitando‘ para clamar pola permanencia da única planta de aluminio primario existente en España, a do complexo industrial de San Cibrao. Foi unha unha protesta máis para esixir solucións contra o despedimento colectivo de ata 534 traballadores -unha medida que afectaría á súa vez a outros alomenos 400 empregados de empresas auxiliares-, quizais unha das máis vistosas.

Traballadores e mariñaos manifestáronse desde a contorna da praia da Rapadoira ata o porto de Foz. Os empregados, os directamente prexudicados, ían con traxes de faena; os veciños, boa parte deles de negro, algúns nenos portando carteis. As máscaras de protección, pola actual pandemia, completaban a sobrecolledora estampa.

#AMariña Milleiros de persoas arestora na manifestación en #Foz polo futuro do aluminio na comarca.

Publicada por Xornal da Mariña en Domingo, 14 de junio de 2020

MENSAXE DE SOCORRO

Os manifestantes clamaron consignas como “Aluminio, solución“; “A solución? Unha intervención“; “Madrid, escoita, A Mariña está en loita“; “Fóra yankees, ‘pandilla’ de mangantes“; “Ministra Ribera, ao ERE (Expediente de Regulación de Emprego) ti primeira“; “Ministra Maroto, non nos vendas a moto“; “Feijóo, apoia a intervención“.

Obreiros, en lanchas recreativas, clamaron contra o peche de aluminio. AXM

Tras chegar ao porto, obreiros e veciños situáronse nunha extensión próxima ao peirao formando a frase “SOS A Mariña“, mentres outros traballadores, en lanchas recreativas chegadas desde o peirao deportivo, facían soar as bucinas e portaban bengalas e pancartas reclamando así mesmo unha solución para a planta de aluminio. Desde o ceo, o dron capturou unha mensaxe clara; a dunha comarca que considera que sen este complexo industrial -que xunto coa factoría de aluminio dá emprego a 2.000 traballadores de xeito directo, contando os operarios da contratista- quedará despoboada e ferida morte.

#MadridEscoitaAmariñaestaEnLoita.#FeijoCabronApoIaaIntrevencion.#QueremosTraballarEnonEmigrar.#AloitaOunicoCamiño.#AmariñaSalvaseLoitando.#EnerxiaSolucion.#DondeestaOestatuto.#Orgullososdamiñaterra.#OrgullososdanosaXente.#ComarcaUnida.#Nonnosvenceran.#Galiza.💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥💪🏼🔥

Publicada por Cig Alcoa San Cibrao en Domingo, 14 de junio de 2020

SEMANA DECISIVA POR DIANTE

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, cualificou de “incrible” o apoio recibido, unha vez máis, da veciñanza da Mariña Lucense. Despois dunha semana na que non houbo avances nin na mesa multilateral polo futuro da planta, coa presenza do Goberno central e a Xunta de Galicia, nin tampouco nas xuntanzas entre sindicatos e dirección de Alcoa dentro do período informal de consultas convocado pola compañía, Zan expuxo que “non temos nada escrito, só boas palabras”, polo que “seguiremos ata facendo entrar ao Executivo en razón”.

Polo de agora, non hai data para unha nova reunión entre Alcoa, sindicatos, Xunta e Goberno central. “Solicitámola e estamos á espera”, indicou Zan.

O COMITÉ: “ALCOA CHANTAXEA A GOBERNO E XUNTA”

Respecto ao período de consultas informal do ERE, dirección de Alcoa e comité entrevistaranse de novo mércores e xoves da semana que vén. Malia que a orde do día desas xuntanzas non está aínda aprobado, a intención da multinacional é presentar un informe sobre a situación da planta, un documento que está “desfasado”, salienta Zan, “porque o Goberno sacará o vindeiro martes o fondo de 200 millóns” a fin de fomentar as PPA (contratos bilaterais entre empresas e renovables para o subministro de enerxía).

Milleiros de mariñaos reclamaron un futuro para a industria de aluminio. AXM

Zan, separadamente da vella demanda dunha tarifa eléctrica estable, fala por todos e volveu a reclamar unha intervención ou a venda, pero Alcoa resístese a unha e outra cuestión.

O comité tamén admitiu que está pedida unha xuntanza a tres bandas entre Xunta de Galicia, Goberno central e sindicatos, dado que non ve “vontade” de seguir en Alcoa. Insistiu en que son as Administracións “son as que teñen que resolver o problema; o que non pode ser é que (a multinacional) se negue a ceder cando o porto é do Estado, cando o embalse de Río Covo é do Estado; unha compañía estadounidense está a chantaxear ao Executivo de España e ao de Galicia”, censurou.

O porto comercial de San Cibrao está cedido a Alcoa ata 2023, e sobre as instalacións, expón Zan, “descoñecemos o contrato de compra-venda; pedímolo moitas veces pero non o temos”.

Á protesta de hoxe acudiron representantes de todas as forzas políticas: PPdeG -entre eles o secretario xeral, Miguel Tellado-, PSdeG-PSOE, BNG, ou Galicia-Anova-Mareas -coa presenza do candidato da coalición, Antón Gómez Reino-.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...