InicioEconomíaDorado pide aos traballadores a través dun comunicado que "prioricen a seguridade"

Dorado pide aos traballadores a través dun comunicado que “prioricen a seguridade”

O presidente de Alcoa España anunciou aos empregados "a intención" da compañía de iniciar un proceso formal de consultas para un despedimento colectivo en aluminio

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente de Alcoa España, Álvaro Dorado, remitiulle unha mensaxe a todos os empregados da fábrica de San Cibrao no que lles anuncia a “intención” da multinacional de “iniciar un proceso formal de consultas” para levar a cabo “un despedimento colectivo” na planta de aluminio.

Ademais, nesa mensaxe, ao que EFE tivo acceso, pídelles aos traballadores que, mentres se inicia “este proceso e durante toda a súa duración”, continúen “priorizando a seguridade” na propia factoría.

“Debemos manter a nosa responsabilidade e compromiso persoal”, explica, “para garantir que todos regresemos a casa coas nosas familias sans ao remate do día”.

No mesmo mensaxe acláralles que o proceso “de consultas cos representantes dos traballadores comezará o 25 xuño e terá unha duración de 30 días co obxecto de lograr o mellor resultado posible para ambas as partes”.

Tamén aclara que “continuará as consultas cos representantes dos traballadores durante unha semana máis, a cuarta”, para informalos sobre “as graves circunstancias” e “a situación insostible pola que atravesa a planta de aluminio”, como veu “ facendo durante o proceso informal aberto o 28 de maio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...