InicioEconomíaObreiros chaman ás empresas a facer unha "fronte común" polo futuro da...

Obreiros chaman ás empresas a facer unha “fronte común” polo futuro da industria auxiliar de San Cibrao

Os sindicatos das contratistas chaman aos dirixentes a sumarse ás súas reivindicacións fronte a un ERE que afectaría a 400 operarios e que os deixa sen delegados no período de consultas

Publicada o

- Advertisement -

A plataforma que aglutina a representación sindical en máis dunha vintena de auxiliares de Alcoa solicita das direccións das contratistas do complexo industrial de San Cibrao “unha fronte común” a fin de reivindicar unha solución para a planta de aluminio, na que a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afectaría a 534 traballadores da factoría, pero tamén a outros 400 operarios destas empresas.

Ante o inicio do trámite legal do despedimento colectivo, que Alcoa prevé comezar a negociar cos sindicatos o 25 de xuño, a coordinadora das auxiliares convocará ás direccións das empresas “nos próximos días” para reclamar de forma conxunta a continuidade da produción e do emprego.

“Pedimos as direccións das empresas auxiliares a sumarse ás nosas reivindicacións, que non son outras que buscar un futuro para a industria auxiliar de Alcoa San Cibrao”.

Os traballadores denunciaron o “desamparo legal” da súa situación. O ERE presentado suporía necesariamente centenares de despedimentos nas auxiliares, dado que uns 400 obreiros traballan de forma exclusiva ou case exclusiva para a planta de aluminio, pero ao non ter unha relación contractual directa con Alcoa, estes empregados non terán representación sindical nas conversas.

Deste xeito, a coordinadora márcase como obxectivo “implicar as administracións competentes, Xunta de Galicia e Goberno Central na problemática actual e diferenciadora da industria auxiliar de Alcoa San Cibrao”.

Por outro lado, dende a plataforma “seguimos solicitando o apoio, como ata o de agora se veu facendo, de todos os traballadores das auxiliares ás mobilizacións convocadas polo comité de Alcoa, polos sindicatos ou polas nosas propias” –a próxima, unha marcha nocturna en San Cibrao o sábado– así como a asistencia ás asambleas que se realizan cada venres na entrada da factoría, xa que as reivindicacións desas mobilizacións son conxuntas e implican a todas as partes neste conflicto”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...