InicioEconomíaO comité de Alcoa anuncia novas protestas e apunta ao Goberno: "sen...

O comité de Alcoa anuncia novas protestas e apunta ao Goberno: “sen marco enerxético non hai aluminio”

Os sindicatos convocan unha concentración o xoves en Lugo, ante a Subdelegación do Executivo, e o domingo unha caravana de vehículos desprazarase á capital provincial

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, insiste en que a actual situación da factoría de aluminio primario, na que a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afectaría a 534 obreiros da planta e a outros 400 traballadores de empresas auxiliares, vén derivada “dun problema político” e “se hai intención de solucionalo, haberá saída, e se non, pois non”.

Zan fixo estas declaracións antes da reunión da mesa multilateral de Alcoa, que se reunirá mañá, e na que están representados os traballadores, a dirección da multinacional, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.

“Temos que presionar ao Goberno para que nos poña un marco enerxético. E a partir de aí, logo diso, xa falaremos”, dixo Zan en declaracións a EFE. O presidente do comité de empresa precisou que os traballadores esperan que o Goberno de España “aprobe algo que sirva, chámese ou non estatuto”.

Para que a planta de aluminio primario de San Cibrao poida ter futuro necesita “un prezo da enerxía predecible” e “a longo prazo”, porque sen esa condición previa, non haberá xeito de garantir a produción e, consecuentemente, os postos de traballo.

O comité convocou para este xoves, día 25 de xuño, a partir das 12.00 horas, un concentración de protesta ante a Subdelegación do Goberno, en Lugo. Ese mesmo día está previsto que se inicie o período de consultas formal do ERE.

Está prevista tamén para este domingo, día 28 de xuño, unha caravana de vehículos que partirá pola mañá de diferentes municipios mariñaos e desprazarase ata a capital lucense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...