InicioEconomíaAs 72 obreiras de Sargadelos, chamadas a votar este venres nunha asemblea...

As 72 obreiras de Sargadelos, chamadas a votar este venres nunha asemblea cuestionada por UXT

O sindicato dubida da legalidade da reunión forzada para destituír á súa delegada

Publicada o

- Advertisement -

Tralos dous cesamentos executados este xoves pola dirección de Sargadelos, de operarias cuns tres anos de antigüidade na fábrica de Cervo, 72 traballadoras están chamadas a participar na asemblea que se celebrará este venres (15.00 horas) para abordar a destitución da sindicalista da Unión Xeral de Traballadores (UXT) na firma, Rogelia Mariña.

Para que o grupo de operarias que forzou a asemblea -unha iniciativa apoiada por 48 persoas– acade o seu propósito, que tamén é o desexo expreso da dirección de Sargadelos, precisará unha maioría absoluta, alomenos o 51% dos votos escrutados mediante sufraxio personal, libre, directo e segredo.

para revocar á sindicalista sería necesaria unha maioría absoluta

De ser revocada, a sindicalista da UXT perdería inmediatamente os dereitos propios do cargo que desenvolve -entre eles, permanencia no emprego– e equipararíase ao resto do cadro de persoal. Ocuparía o seu posto a seguinte persoa máis votada nas derradeiras eleccións, que neste caso sería unha delegada de Comisións Obreiras (CC OO), sindicato que pasaría a ser maioritario na fábrica.

Por número de persoal, á fábrica de Sargadelos en Cervo corresponderíalle ter comité de empresa, pero actualmente só conta con dúas delegadas sindicais, logo de que un delegado da UXT se prexubilase e dimitise sen que o sindicato tramitase a baixa.

de saír adiante a destitución, a delegada da uxt perdería os dereitos propios do cargo que desenvolve

GARANTÍAS

Para que todo este proceso sexa válido a asemblea ten que celebrarse con todas as garantías, posto que se calquera interesado plantexa unha demanda, podería declarase nula.

Neste senso, a UXT considera que a convocatoria está tutelada pola empresa, punto que negan as operarias que a convocaron, e viciada polo contexto no que se realiza, con varios despidos executados pola dirección e ata 49 anunciados. “Que liberdade hai para elixir cunha ameaza de peche da fábrica? Que vai ocorrer se Rogelia non é revocada polos votos dos compañeiros? A fin de Sargadelos ou marcha o conselleiro delegado?”, pregúntanse fontes do sindicato.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...