InicioEconomíaOs obreiros de Alcoa esixirán en Santiago a actuación conxunta de Xunta...

Os obreiros de Alcoa esixirán en Santiago a actuación conxunta de Xunta e Goberno para salvar a planta

O comité insiste en que a solución para a fábrica de aluminio pasa pola "intervención" para a busca dun comprador, ao que se lle debe asegurar un marco enerxético estable

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O comité de empresa de Alcoa San Cibrao convocou para este mércores, 1 de xullo, unha concentración en Santiago de Compostela, ante a sé da Xunta de Galicia, para reclamar que a Administración autonómica traballe conxuntamente co Goberno de España na procura dunha solución que permita salvar a factoría e manter a produción de aluminio primario.

O desprazamento dos traballadores de Alcoa ata San Caetano producirase en vehículos propios e está previsto que a concentración comece a partir das 12.00 horas, cos lemas, ‘As cubas non se paran‘, ‘Enerxía solución‘ e ‘A Mariña sálvase loitando‘.

Esa concentración producirase un día antes dunha nova reunión entre o comité de empresa e a dirección de Alcoa, a segunda despois de que a multinacional iniciase o pasado xoves -día 25 de xuño- o período formal de consultas do proceso de despedimento colectivo que podería terminar con 534 traballadores da fábrica de aluminio primario de San Cibrao na rúa, ademais da repercusión que tería esta decisión sobre todas as empresas auxiliares, con outros 400 despedimentos.

En declaracións a EFE, o presidente do comité de empresa afirmou que, neste momento, a solución pasa polo feito de que “o Goberno de España e a Xunta de Galicia” se poñan de acordo” e decidan actuar de forma conxunta.

AS MEDIDAS APROBADAS POLO GOBERNO “NON SERVEN”

Zan afirmou que as últimas medidas aprobadas polo Goberno para abaratar o custo da enerxía eléctrica “non serven para nada”, porque non son suficientes para tombar o ERE suscitado pola propia multinacional.

A xuízo do comité de empresa, engadiu, a única solución posible neste momento pasa “por unha intervención” da factoría de produción de aluminio primario de San Cibrao, polo menos “durante un tempo”, para tratar de buscar despois un comprador, sempre que exista un “plan de viabilidade” que garanta o futuro da fábrica.

SEN DATA PARA A MESA MULTILATERAL

Os sindicatos confirman que por agora non recibiron comunicación por parte do Goberno central de cando se celebrará a mesa multilateral polo futuro de Alcoa San Cibrao, toda vez que os traballadores lle reclamaron ao secretario xeral de Industria, Raül Blanco, que non peche as negociacións tras rexeitar Alcoa o plan industrial proposto.

O COMERCIO RESPALDARÁ A FOLGA

Ese mesmo mércores haberá folga tanto na planta de aluminio, como en alúmina, así como nas empresas contratistas de Alcoa. O paro comezará ás 22.00 horas do día 30, para aproveitar o cambio de quenda, e rematará o día 1 á mesma hora. Os obreiros do complexo industrial de San Cibrao confían en que o comercio respalde maioritariamente a protesta.

O CONCELLO DE XOVE PECHARÁ AS SÚAS INSTALACIÓNS

Este luns, o Concello de Xove anunciou que pechará as súas instalacións o mércores en apoio aos traballadores. O goberno xovense tamén cancelou o mercado semanal que se celebra ese día.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...