InicioEconomíaOs obreiros de Alcoa seguen ao "100%" a folga e cortan a...

Os obreiros de Alcoa seguen ao “100%” a folga e cortan a vía do tren

Os traballadores manifestaranse en Santiago este mediodía para reivindicar a continuidade da produción de aluminio en San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

Os obreiros de Alcoa San Cibrao celebran este mércores, primeiro de xullo, unha folga cun seguimiento do “100%” contra o despedimento colectivo na planta de aluminio, nunha xornada de protesta que comezou con barricadas nocturnas e a queima do cartel da multinacional á entrada da fábrica, así como co corte da vía de tren que discorre pola factoría co uso de pedras e troncos.

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, salienta o apoio total á folga dos persoais das fábricas de aluminio e alúmina, así como de auxiliares, á vez que agradece o apoio de establecementos da comarca coa peche das súas portas.

“Sabemos que nos apoian os comercios e autónomos e os empresarios da Mariña Lucense, incluídos os Concellos de Xove, Cervo e Viveiro que tamén puxeron día de folga para hoxe”, apunta. O goberno local viveirense fletou un autobús para a concentración que se celebrará este mércores en Santiago de Compostela.

Así, avisa de que “o primeiro que ten que facer o Goberno central é tomar nota e facer o seu traballo. Xa estamos fartos de ter que saír á rúa para defender o que é bo para a bisbarra e para España”, afirma.

“Aos políticos éncheselles a boca cun pacto social entre empresarios e axentes sociais, aquí fixemos un pacto social sen necesidade de negocialo”, argumenta Zan.

CONCENTRACIÓN EN SANTIAGO

Ao mediodía os traballadores farán unha concentración ante a Xunta en Santiago de Compostela. Posteriormente, reuniranse co conselleiro de Economía, Francisco Conde.

O xoves está prevista unha nova reunión coa dirección de Alcoa -a partir das 9.30 horas en Lugo- no marco do proceso formal de negociación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE), que termina o 24 de xullo. “Imos seguir loitando e defendendo os nosos traballos ata o final”, conclúe Zan.

PARO NO CONCELLO DE BURELA

Os empregados municipais do Concello de Burela realizarán un paro de dez minutos ás 12.00 da mañá para amosarlles o seu e apoio e solidaridade aos traballadores de Alcoa.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...