Os traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao suspenderon a protesta que tiñan prevista para o vindeiro venres na Coruña tras coñecerse a decisión da Xunta de Galicia de pechar a comarca da Mariña, onde se atopa a empresa, durante o próximos cinco días debido ao brote de coronavirus rexistrado.
O peche condiciona a loita do comité de empresa e do persoal despois de que Alcoa presentase un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que ameaza 534 postos de traballo na factoría máis outros 400 en auxiliares e que se atopa en fase de negociacións.
Ademais, o vindeiro martes, os traballadores tiñan previsto manter unha reunión en Madrid co secretario xeral do Ministerio de Industria, Raül Blanco, á que tampouco poderán desprazarse coas restricións á mobilidade impostas ao distrito sanitario da Mariña. Para este encontro están “a buscar solucións“, indicou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.