InicioEconomíaAlcoa segue co ERE e rexeita a petición dos obreiros de suspender...

Alcoa segue co ERE e rexeita a petición dos obreiros de suspender as negociacións

Ante a negativa da empresa, os traballadores apelan á Consellería de Traballo para que dilate o proceso nun contexto de restriccións no tocante á mobilidade e ás reunións

Publicada o

- Advertisement -

A dirección de Alcoa asegurou este luns que informou ao comité de empresa de que as restriccións reguladas na orde de medidas de prevención establecidas pola Xunta de Galicia con motivo do peche da Mariña “non afectan á posibilidade de que os integrantes de devandita comisión poidan desprazarse ao mesmo lugar onde se veñen mantendo as reunións” -un restaurante de Lugo– do período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado na planta de aluminio, que suporía o despedimento de máis de 900 traballadores entre a factoría e empresas auxiliares. Os sindicatos negaron ter recibido esta comunicación.

A multinacional asegura que na mencionada reunión “observaranse escrupulosamente as medidas hixiénico-sanitarias e de distanciamiento persoal recomendadas”, e no entanto, no caso de que os sindicatos “prefiran non facer unha reunión presencial, Alcoa ofrece igualmente posibilidade de celebrar a xuntanza de forma telemática e facilitar os medios a estes efectos”, finalizou.

“Calquera das anteriores alternativas permite o desenvolvemento da reunión convocada e a continuidade do período de consultas coas debidas garantías”, zanxa Alcoa.

Deste xeito, a compañía segue a folla de ruta do ERE, con reunións previstas este xoves, o 14 de xullo e mailo día 23, xornada de conclusión do período de consultas e na que, se non hai un acordo que o evite, a multinacional podería comezar cos despedimentos.

Así, a única opción que lles queda aos traballadores para frear o ERE na situación que afrontan, cunha mobilidade restrixinda que afectará ás protestas e tamén á realización de asembleas -non están permitidas reunións de máis de dez persoas non convivintes-, é a intervención da Consellería de Traballo, a autoridade con competencias en materia laboral, para dilatar as negociacións.

ESTE MARTES, REUNIÓN CON INDUSTRIA

Os sindicatos manterán este martes, a partir das 11.00 horas, unha reunión telemática co secretario xeral de Industria, Raül Blanco, a quen lle solicitarán un compromiso “por escrito” da proposta de plan industrial presentado na mesa multilateral, ou alomenos que o Ministerio que encabeza Reyes Maroto, ademais do de Transición Ecolóxica, aseguren un prezo da electricidade estable e competitivo durante dous anos para poder asinar, despois dese período, un contrato bilateral de enerxía cunha renovable (PPA).

AS AUXILIARES, Á ESPERA DE GOBERNO E XUNTA

Por outra banda, sindicatos de empresas auxiliares e as propias firmas seguen á espera de recibir resposta de Xunta de Galicia e Goberno central á súa petición de “amparo” ante a situación á que se ven abocados no ERE, pois os seus postos de traballo dependen do que ocorra co expediente pero carecen de representación legal na negociación do mesmo.

Segundo informou o voceiro da coordinadora que aglutina a representación sindical nas contratistas de Alcoa, Quique Rocha, os obreiros presentaron a súa solicitude formal para reunirse coas Administracións estatal e autonómica o pasado mércores, polo que agardarán un máximo dunha semana pola resposta das mesmas.

ONCE OBREIROS AFECTADOS POR UN ERTE EN ISOTRON AO REDUCIRSE TAREFAS POLO BROTE

O brote do coronavirus, coas conseguintes medidas de prevención despois de que se detectase un positivo na planta de alúmina de Alcoa -reduciuse o mantemento e elimináronse as actividades “non esenciais” para evitar contaxios- supuxo que Isotron executase un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) con once traballadores afectados; os sindicatos esperan que estes obreiros recuperen os seus postos unha vez se estabilice a situación epidémica e se retomen as tarefas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...