InicioEconomíaOs obreiros de Alcoa estarán na protesta polas electrointensivas trala apertura da...

Os obreiros de Alcoa estarán na protesta polas electrointensivas trala apertura da Mariña

Esta mobilización, na Coruña, estaba prevista para o pasado venres, pero suspendeuse debido ao peche da comarca polo brote do coronavirus

Publicada o

- Advertisement -
Despois de que, a partir das 00.00 horas, os municipios de Xove, Viveiro, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo queden libres das restriccións ao movemento, coa excepción de Burela, os traballadores de Alcoa San Cibrao manifestaranse este venres, 17 de xullo, polas rúas da Coruña, nunha protesta que sairá a partir das 18.00 horas da sede da Xunta -en Monelos- para rematar ante a Delegación do Goberno central.

Así, sumaranse á marcha ‘Pola defensa do emprego e dá industria electrointensiva. Enerxía solución‘, convocada por CIG, CC. OO. e UXT, nunha protesta na que tamén se prevé a presenza dos traballadores de Alu Ibérica da Coruña.

Esta mobilización estaba prevista para facerse o pasado venres, 10 de xullo, pero suspendeuse debido ao peche da Mariña polo brote do coronavirus.

Con todo, a Consellería de Sanidade decidiu levantar as restricións de mobilidade na maior parte da Mariña lucense, coa excepción do concello de Burela, que permanece pechado, aínda que mantén as medidas de prevención especiais implantadas en toda a área para frear o brote de Covid-19 detectado a finais do mes de xuño.

De tal forma, os traballadores de Alcoa San Cibrao, no municipio lucense de Cervo, xa poden saír da comarca para asistir a esta manifestación na cidade herculina.

REGO PREGUNTA A DÍAZ NO CONGRESO SE TEN “VONTADE POLÍTICA” PARA INTERVIR ALCOA

Por outra banda, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, aproveitou o debate dos Real Decretos Lei 24/2020 sobre medidas laborais e 25/2020 sobre impulso económico, para reclamar, máis unha vez, “unha actuación urxente por parte do Goberno para a nacionalización de Alcoa, de forma que se garanta a continuidade da actividade e os postos de traballo”.

Rego interpelou directamente a Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, para que aclarase se están dispostos á intervención da planta de aluminio. “Teñen ou non a vontade política que vostede dicía, antes de asumir o cargo, que era o único que facía falta para nacionalizar Alcoa? Conviña que o aclarasen, porque é o que están esperando os traballadores”, afirmou.

O deputado nacionalista manifestou a disposición do BNG a votar a favor se en paralelo os partidos do Goberno, PSOE e Podemos, manifestaban un “compromiso claro de nacionalización de Alcoa San Cibrao e tamén de Alu Ibérica” dada a incerteza sobre o futuro da actividade e o emprego nestas empresas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...