InicioEconomíaDúbidas en Vestas a unha semana de que acaben contrato uns 50...

Dúbidas en Vestas a unha semana de que acaben contrato uns 50 eventuais

O comité de empresa "carece de información" e reunirase coa empresa o luns para saber que ocorrerá cos temporeiros que rematan compromiso o día 28

Publicada o

- Advertisement -

A falta de respostas sobre a fábrica de Vestas en Chavín preocupa ao persoal nas vésperas dunha semana chave. Os temporeiros que quedan na factoría rematarán o seu contrato o venres 28 e para o vindeiro luns está prevista unha xuntanza entre os representantes dos traballadores e a dirección da firma, na que os sindicatos agardan que a firma clarexe o seu futuro.

“CARECEMOS DE DATOS”

Non sabemos nada. Carecemos de datos e así só podemos facer cábalas”, expón o presidente do comité de empresa, Jano Grandío. O pasado día 14 remataron o seu contrato case a metade dos 110 eventuais que traballaban na fábrica de Chavín. Segundo afirma o sindicalista da UXT, a multinacional danesa só fixo indefinidos a dez.

o pasado día 14 acabaron case a metade dos 110 temporeiros e a multinacional só fixo indefinidos a dez

Isto danos moita rabia, porque estes rapaces traballaron moito e fixeron cantidade de horas extras para sacar adiante a fabricación de paneis eléctricos para o control de turbinas”, expón o delegado sindical.

A maioría dos temporeiros adícase a esta tarefa, que semella que será a predominante na fábrica tralo peche da planta de Vestas en León. A factoría leonesa supuña aproximadamente o 40% da demanda de xeneradores eólicos fabricados en Chavín, dos que se encarga o persoal fixo, uns 109 operarios.

os eventuais adícanse aos paneis eléctricos polos que parece pasar o futuro da fábrica de viveiro

Así, o que ocorra cos temporeiros que fican na fábrica dará pistas sobre o futuro da planta nun clima de nerviosismo. “Agardamos que fagan indefinidos a moitos, porque os máis veteranos non temos experiencia na fabricación desa nova liña e por agora non houbo movementos para formarnos nese senso. Non sabemos como imos funcionar”, expón Grandío.

RECOLOCACIÓNS

Trala confirmación do peche da fábrica de Vestas en León, a empresa anunciou que recolocaría a uns 50 operarios pero ningún deles en Chavín, onde “non hai vacantes”. No mesmo comunicado, a empresa asegurou que “manterá as inversións” en Viveiro, pero os traballadores ven con preocupación este anuncio nunha fábrica que adelgazou case nun cuarto do seu persoal.

a empresa anunciou que recolocaría 50 empregados da fábrica de león, que vén de pechar, ningún deles en viveiro

CONVENIO

O día 27 haberá unha reunión para negociar o convenio laboral, que fica estancado. Os traballadores demandan unha suba salarial do 3%, que consideran xusta despois de 20 anos de asentamento da multinacional en Chavín. Pero a firma non presentou ningunha proposta na última xuntanza. A súa actitude dá outra razón para dubidar aos operarios sobre as intencións da multinacional. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...