Centos de obreiros das empresas electrointensivas galegas, entre elas Alcoa, manifestáronse este venres na Coruña para reclamar “valentía política” á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado, para fixar un prezo da luz que favoreza a continuidade desta industria ou para a intervención pública daquelas plantas en risco de peche, como a de aluminio de San Cibrao, onde a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía o despedimento de 900 traballadores, entre operarios da fábrica e das contratistas.
Nunha protesta convocada por CC OO, CIG e UGT, os tres grandes sindicatos a nivel galego, con presenza de obreiros de Alcoa, na Mariña, e das súas auxiliares, así como de Alu Ibérica, na Coruña, de Ferroatlántica de Cee e Sabón, ademais de Celsatlantic, participaron na manifestación, que transcorreu entre petardos e bucinas desde a sede da Delegación da Xunta ata a do Goberno.