InicioEconomíaO comité de Alcoa, ante unha semana decisiva: "o que necesitamos son...

O comité de Alcoa, ante unha semana decisiva: “o que necesitamos son certezas”

Os sindicatos agardan que a empresa, coa que se reunirán tres veces nos próximos días, amplíe o período de consultas do ERE; esta tarde, os obreiros entrevistaranse con Industria

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de Alcoa, José Antonio Zan, recoñeceu que, nestes momentos, a falta duns días para que finalice o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que a multinacional pretende aplicar na fábrica de aluminio primario de San Cibrao, e que podería deixar na rúa a máis de 900 obreiros entre persoal propio e de empresas auxiliares, “o máis inmediato é conseguir certezas en todos os ámbitos”.

O PRAZO PARA NEGOCIAR O ERE REMATA O 24

“Unha semana máis crucial. Esta en teoría é a última do período de consultas, aínda que entendemos que se debe ampliar, dado que estivemos dúas semanas encerrados na Mariña lucense polo Covid-19“, dixo Zan, antes de entrar na reunión coa empresa –a primeira das tres que se producirán esta semana-.

A primeira delas terá lugar hoxe e logo haberá outras dúas, o mércores 22 e o xoves, día 23 de xullo.

En principio, o prazo de consultas do ERE, que é inicialmente de 30 días, finalizaría o venres -día 24-, aínda que o comité xa lle pediu á multinacional, do mesmo xeito que o fixo a Administración, que o amplíe en atención á particular situación da comarca polo brote de Covid-19.

“Esperamos que a empresa entre en razón, levante o ERE e sente a negociar co Ministerio de Industria“, engadiu, “e desta forma conseguir que teñamos a fábrica da Mariña en funcionamento” durante “moitos anos”.

EVITAR A PARADA DE CUBAS, PRIMEIRO OBXECTIVO

En canto á posición do Ministerio, Zan recordou que esta tarde, a partir das 17.00 horas, os representantes do comité manterán unha reunión co secretario de Industria, Raül Blanco, para informarse sobre as últimas xestións que realizou o Goberno de España para salvar a fábrica.

“O máis inmediato é conseguir certezas en todos os ámbitos. Conseguir que se amplíe o período de consultas é bo, pero a condición de que teñamos a certeza de que se están buscando solucións e non soamente a paralización das cubas, co que non estamos para nada de acordo”, engadiu.

O SEGUIMENTO DA FOLGA, DO “100%”

En todo caso, recoñeceu que, a día de hoxe, non parece probable que exista “un cambio” de postura por parte da empresa, porque “todo o proceso estao levando -o bufete de avogados- Garrigues. A empresa non di nada e así poucas solucións atoparemos”, porque “quen ten que tomar as decisións, xa ten a decisión tomada”, remarca.

“O Goberno ten que obrigar a esta empresa a continuar coa produción e nós teremos que seguir loitando para obrigar ao Goberno a que o faga”, precisou.

En canto á folga indefenida que comezou hoxe na fábrica, Zan confirmou que o seguimiento”é do 100%”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...