Alcoa rexeita ampliar o prazo de consultas do ERE, segundo o comité

Os sindicatos critican a postura "intransixente" da empresa, que segue "pechada" a "calquera solución" para a planta de aluminio

Protesta dos traballadores en Lugo. AXM

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, asegurou que a reunión mantida hoxe coa dirección da multinacional só se pode cualificar de “entre mala e moi mala”, en todo caso “absolutamente decepcionante” a ollos dos traballadores, porque a compañía “segue pechada en banda” e negouse a ampliar o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado na planta aluminio.

En declaracións a EFE, Zan precisou que “cando” o comité quixo falar “da ampliación do período de consultas”, porque “os traballadores” e os seus representantes estiveron “quince días encerrados na Mariña” a causa do brote de covid-19, a empresa expresou “a súa total oposición“.

“Pechouse en banda”, dixo Zan, e simplemente aceptaría prolongar ese período de consultas durante unha semana “se non lle dese tempo a arranxar o seu“.

Desde o seu punto de vista, a postura expresada por Alcoa na reunión de hoxe, que se volveu a celebrar nun restaurante de Lugo, é “surrealista“, porque segue “pechada” á procura de calquera solución que implique o mantemento da produción na planta de aluminio primario e só quere falar da aplicación do ERE, que podería deixar na rúa a máis de cincocentos traballadores da factoría e outros 400 de empresas auxiliares.

Zan criticou esa “postura intransixente” e dixo que, aínda que están programadas máis reunións, “pouco de si” vai dar a negociación se a multinacional se mantén nesa postura. Os obreiros reuniranse esta tarde de forma telemática (17.00 horas) co Goberno central, a quen solicitarán a intervención da planta.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here