InicioEconomíaA costeira do bonito mantense en Burela en cifras semellantes ás de...

A costeira do bonito mantense en Burela en cifras semellantes ás de 2019 malia a pandemia

Poxáronse na lonxa burelá no que vai de campaña 475.000 quilos do túnido, cun volume de negocio próximo aos dous millóns de euros

Publicada o

- Advertisement -

EFE. As cifras da actual costeira do bonito, cuxas descargas comezaron o pasado 3 de xuño, mantéñense no porto de Burela en números moi similares aos colleitados na pasada campaña a mediados do mes de xullo, tanto no que se refire ao volume de descargas, como á facturación ou ao prezo conseguido en lonxa.

En declaracións a EFE, o xerente de Armadores de Burela S. A. (Absa), Miguel Neira, precisou que a mediados de xullo poxáronse na lonxa burelá 475.000 quilos de bonito, cun volume de negocio próximo aos dous millóns de euros.

Tamén o prezo medio é “case igual” ao conseguido na pasada campaña por estas datas e móvese en torno aos 4,20 euros por quilo.

Neira recoñeceu que había certa incerteza ao comezo da campaña pola introdución dunha “nova variable” no proceso de venda, como son as consecuencias provocadas polo Covid-19 en determinadas canles de comercialización, dúbidas especialmente relaciadas co impacto da pandemia na hostalería e restauración.

Aínda así, considera que, de momento, pódese dicir que se comercializou o bonito descargado en Burela de “forma razoable“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...