InicioEconomíaA Xunta insiste en reclamar ao Goberno o plan industrial para Alcoa

A Xunta insiste en reclamar ao Goberno o plan industrial para Alcoa

O Goberno autonómico, autoridade laboral competente para frear o ERE, avoga por unha ampliación do período de consultas e ofrece mediación entre as partes

Publicada o

EFE. A Xunta de Galicia volveu reclamar ao Goberno central, en senllos escritos aos Ministerios de Industria e Transición Ecolóxica, que a informe de cales son as medidas previstas para solucionar a situación de Alcoa San Cibrao e a proposta de plan industrial para esta factoría.
Segundo lembra o Goberno galego, trátase do terceiro requerimento que envía ao Executivo central para dispoñer con “a maior urxencia posible” da información solicitada, xa que o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional na planta de aluminio remata o próximo 24 de xullo, se non hai acordo entre Alcoa e o comité para amplialo.

O PRAZO DE CONSULTAS REMATA O 24

Pola súa banda, avoga por que entre ambas as partes amplíen este período de consultas e segue ofrecendo a posibilidade de recorrer aos procedementos de solución extraxudicial, como a mediación, para conseguir alcanzar un acordo.
Como autoridade laboral competente, a Xunta insiste en coñecer as medidas que prevé o Goberno para atopar unha solución aos problemas actuais da industria electrointensiva galega, en particular de Alcoa, derivados da falta dun prezo eléctrico “estable e competitivo”.
En concreto, ao Ministerio de Industria reclámalle a proposta e desenvolvemento dun plan industrial para a fábrica, anunciado hai un mes, e os detalles do calendario previsto para a entrada en vigor do estatuto para os consumidores electrointensivos. Ao Ministerio de Transición Ecolóxica pídelle, neste terceiro escrito, información sobre a convocatoria da poxa de interrompibilidade para o segundo semestre deste ano.

O GOBERNO COMPROMETEUSE A PRESENTAR O PLAN HOXE

O Executivo galego considera que esta información é “esencial” para evitar despedimentos na factoría de San Cibrao e garantir o mantemento da produción de aluminio primario. Sen esta información, segundo a Xunta, “dificúltase a posibilidade de que a empresa e o comité poidan concluír con acordo o período de consultas e impedir a destrución de 534 postos de traballo directos”, así como outros 400 empregos indirectos e o “impacto económico negativo que isto tería en toda a comarca da Mariña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...