InicioEconomíaO comité retomará as conversas con Alcoa sen novas do plan industrial...

O comité retomará as conversas con Alcoa sen novas do plan industrial nin da mesa multilateral

O Goberno comprometérase a enviar este martes por escrito a proposta e tamén a poñer data para reunir a todas as partes

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao non recibira, a última hora desta tarde, a formulación por escrito do plan industrial proposto polo Goberno central para a planta de aluminio, onde a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía o despedimento de 534 obreiros na fábrica e outros 400 en empresas auxiliares.

O secretario xeral de Industria, Raül Blanco, comprometera esta tarde máis información sobre a proposta na reunión telemática mantida cos traballadores. Outro dos compromisos do dirixente do Ministerio de Industria é reunir de novo a mesa multilateral polo futuro da planta, cuxa última convocatoria foi o pasado 23 de xuño; unha xuntanza que os sindicatos solicitan para tentar revertir a actual situación, con Alcoa enrocada nunha negativa a ampliar o período de consultas do ERE se non se aborda unha parada das cubas, escenario que os traballadores non queren tratar. Segundo fontes sindicais, ao peche desta edición tampouco trascendera data sobre un novo encontro.

O 24 REMATA O PRAZO DO PERÍODO DE CONSULTAS

Así as cousas, os traballadores retomarán mañá as conversas coa empresa, a primeira hora da mañá no restaurante Los Robles de Lugo. Os obreiros manterán como mínimo outra xuntanza coa multinacional, o xoves 22, pero o venres 24 remataría o prazo legal dun mes para o período de consultas do ERE. Esgótase polo tanto o tempo para que o persoal poida evitar a parada de cubas.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...