InicioEconomíaSindicatos e Alcoa pactan ampliar o período de consultas do ERE ata...

Sindicatos e Alcoa pactan ampliar o período de consultas do ERE ata o 4 de agosto

Dirección da multinacional e representantes dos traballadores retomarán a negociación do despedimento colectivo o vindeiro 28 de xullo

Publicada o

A multinacional Alcoa accedeu a ampliar ata o próximo 4 de agosto o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) contemplado para a única fábrica de aluminio primario que queda en España e que está situada no municipio lucense de San Cibrao. O prazo de negociación do despedimento colectivo, que afectaría a 534 obreiros na factoría e a outros 400 de empresas auxiliares, finalizaba o vindeiro venres.

CATRO REUNIÓNS MÁIS

O comité de empresa, presidido por José Antonio Zan, indicou que tal decisión produciuse despois de “duras negociacións” e nun comunicado indicou que as próximas reunións entre a compañía e os traballadores con motivo deste proceso serán os días 28 e 30 de xullo e 3 e 4 do mes que vén.

O PROCESO PREVÉ O PECHE DA ELECTRÓLISE

A planta de aluminio de San Cibrao, alega Alcoa, afronta unha situación que a multinacional cualifica de “insostible” debido a unha serie de problemas externos de produción e de mercado que fan que a produción de aluminio primario sexa “ineficiente e non competitiva”, e que están causando, sinala a compañía, “perdas recurrentes moi significativas, que se espera que continúen”. A “reestruturación” anunciada pola empresa suporía, na práctica, pechar a electrólise e deixar á planta de aluminio primario practicamente sen persoal, coas consecuencias inmediatas e directas para o emprego nas empresas auxiliares, ademais de provocar un importante impacto na economía da comarca da Mariña e da provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...