InicioEconomíaLosada pide a Alcoa que "recapacite"; a Xunta segue a presionar ao...

Losada pide a Alcoa que “recapacite”; a Xunta segue a presionar ao Goberno sobre o prezo da luz

Administración estatal e autonómica participarán na mesa multilateral deste luns, a nove días de que remate a prórroga do ERE presentado pola multinacional

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O delegado do Goberno central en Galicia, Javier Losada, afirmou hoxe que o executivo participará hoxe na reunión da mesa multilateral de Alcoa con “con vontade de acordo e, ademais, cun proxecto industrial e enerxético” para que a planta de aluminio primario de San Cibrao “teña futuro”.

Por iso, en declaracións aos medios de comunicación, Losada pediulle á multinacional “que recapacite” e que “entre a formar parte da solución”, non “do problema”.

“SÓ ESTE EXECUTIVO OFRECEU UNHA ALTERNATIVA”, AFIRMA LOSADA

Segundo Losada, o Goberno de España foi de momento “a única institución que presentou unha alternativa” á decisión de Alcoa de pechar unha parte do complexo industrial de San Cibrao, cun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía 534 despedimentos na planta de aluminio e outros 400 en empresas auxiliares.

Nese sentido, espera que a reunión desta tarde “sexa frutífera” e que a Xunta de Galicia se sume a unha posible solución e á alternativa ofrecida polo Goberno de España, dado que tamén ten “competencias en materia de industria”.

En canto aos traballadores, Losada insistiu en que “o Goberno de España está con eles, buscando solucións e alternativas” que garantan a viabilidade da planta.

REUNIÓN A CATRO BANDAS

Traballadores, Goberno de España, Xunta de Galicia e representantes de Alcoa reuniranse hoxe na mesa multilateral convocada polo Ministerio de Industria para tratar de buscar solucións que permitan conservar o 100% da produción de aluminio primario na planta de San Cibrao e, consecuentemente, o mantemento dos postos de traballo.

Esta mesa multilateral celebrarase por videoconferencia, a partir das 19.30 horas.

CONDE INSISTE EN QUE UN PREZO “COMPETITIVO” DA ENERXÍA DEPENDE “DUNHA DECISIÓN POLÍTICA”

Pola súa banda, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou que a Xunta de Galicia poñerá a disposición dos traballadores de Alcoa e de Goberno central “todos os mecanismos de política industrial” dos que dispón a Administración autonómica, pero recordou que o “punto de partida” ten que ser “un prezo competitivo da enerxía”.

En declaracións aos medios de comunicación durante a visita que realizou esta mañá a unha empresa de Lugo, Francisco Conde, expresou o seu desexo de que, na reunión da mesa multilateral de Alcoa desta tarde, o Goberno de España “realmente” se comprometa, con “transparencia”, a adoptar a “decisión política” de establecer os mecanismos necesarios para fixar ese “prezo eléctrico competitivo”.

Ao seu xuízo, “ten que haber un compromiso inmediato”, porque queda “unha semana” para que finalice a prórroga do período de consultas previo á execución do ERE.

ESTATUTO DAS ELECTROINTENSIVAS E POXA DE INTERROMPIBILIDADE

“Non coñecemos o contido do estatuto” que debera regular o marco das empresas electrointensivas, pero tampouco “foi convocada a poxa de interrompibilidade do segundo semestre” deste ano, nin se concretaron “as cantidades para compensar” as emisións de dióxido de carbono (CO2), dixo o conselleiro.

Por parte da Xunta asegurou que os traballadores e o Goberno contan con “todo o seu apoio”, porque o goberno galego aprobou xa “un plan para as empresas electrointensivas”, como sector “estratéxico e esencial”, cos “fondos que sexan necesarios para desenvolver un proxecto industrial en San Cibrao”.

Pero para iso, insistiu, o “punto de partida” ten que ser ese prezo “competitivo” da enerxía, que agora mesmo España non ten, en comparación con outros países europeos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...