Traballo dá a razón ao persoal das auxiliares fronte a Alcoa, que non poderá restar os salarios do día 20

Os empregados denunciaran un "peche patronal" por parte da multinacional ao non permitirlles traballar no complexo industrial malia que non había folga nas contratistas

Integrantes da coordinadora de auxiliares de Alcoa. AXM

EFE. A Inspección de Traballo remitiulle un informe á Alcoa e as empresas auxiliares que traballan para o complexo industrial da Mariña no que advirte á patronal de que non pode descontarlles aos traballadores das contratistas o salario correspondente ao pasado 20 de xullo, como consecuencia da folga iniciada polos empregados do complexo industrial de alúmina e aluminio.

Desa forma, explica a plataforma que agrupa aos traballadores de auxiliares de Alcoa, a autoridade laboral dálle a razón, despois de que a coordinadora sindical denunciase  “peche patronal” imposto pola multinacional ao impedirlles a eses traballadores o acceso á fábrica de San Cibrao, co argumento de que “non estaba prevista carga de traballo para esa xornada de folga”.

DESCONTAR OS SOLDOS CONLEVARÍA UNHA INFRACCIÓN ADMINISTRATIVA

Así mesmo, segundo a plataforma, a autoridade laboral aclara que “se o persoal ve reducido o seu salario” como consecuencia dos servizos non prestados o pasado 20 de xullo, “ese feito sería constitutivo dunha infracción administrativa“.

“A plataforma valora que, desta forma, quedan amparados os dereitos dos traballadores e das traballadoras das auxiliares fronte ás pretensións de Alcoa de utilizar a convocatoria de folga na principal como escusa para parar a produción, reducir carga de traballo e aforrar diñeiro en contra do conxunto do persoal“, conclúe.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here