InicioEconomíaO comité reclama ao Goberno que "paralice" o ERE dos "cuatreiros" de...

O comité reclama ao Goberno que “paralice” o ERE dos “cuatreiros” de Alcoa e “lidere” un proceso de venda

Os sindicatos aseguran que a multinacional non é quen de garantir "unha parada ordenada das cubas" e busca "torpedear" unha posible compra, o que ven "un fraude"

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao esixiu ao Goberno central que “paralice” o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional na planta de aluminio e “lidere” o proceso para asegurar que non se paren as cubas de electrólise e que a multinacional venda a fábrica a un comprador produtivo e non especulativo.

Así o reclamou o presidente do organismo de representación dos traballadores, José Antonio Zan, nunha parada da última reunión entre compañía e sindicatos dentro do período de consultas do despedimento colectivo, que en principio rematará hoxe se non se acorda unha prórroga.

Diríxindose aos obreiros que se desprazaron a Lugo para apoiar aos seus compañeiros e aos medios de comunicación, Zan expuxo que unha reunión “bastante tensa” os sindicatos “demostramos tecnicamente que a parada ordenada das cubas é moi difícil, por non dicir que imposible. Alcoa non pode asegurar que se poida levar a cabo”, indicou.

Deste xeito, afondou, “queren facer un apagado non ordenado, que faría inviable un proceso de venda. Están torpedeando o proceso, porque eles queren parar a maquinaria e o comprador (Liberty House/GFG Alliance) quere a maquinaria funcionando“, advertiu o sindicalista, que alertou que “corremos o risco de que nos pase o mesmo que na Coruña e Avilés. Estes señores están montando un proceso fraudulento, e teñen que sentarse co comprador e coas Administracións”.

“NON SE PODE PERMITIR QUE DESGUACEN A FÁBRICA E DESFAGAN A INDUSTRIA DESTE PAÍS”

“É o Goberno quen ten que liderar o proceso e paralizar todo, ten que ser o Executivo central o que lle diga a Alcoa que non pode deixar desguazada unha fábrica que se lle regalou, senón funcionando ao 100% para que alguén que queira producir con ela poida facelo. Non podemos deixar que uns cuatreiros desfagan a industria deste país”, expuxo Zan, que asegurou que as centrais sindicais “imos seguir loitando e non nos imos mover ata que atopemos unha solución”.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...