IniciosociedadeFeijóo urxe por carta a Industria e Transición Ecolóxica "solucións inmediatas" para...

Feijóo urxe por carta a Industria e Transición Ecolóxica “solucións inmediatas” para evitar o ERE

Reclama documentación para o expediente do despedimento colectivo e a concreción dun marco enerxético ante o interese amosado por Liberty House

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, urxe ao Goberno central a achegar solucións “inmediatas” para evitar o peche de Alcoa San Cibrao. Así se expresou a través dun comunicado na última xornada de negociación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) na planta da Mariña, á vez que comité de empresa e dirección da multinacional en España están reunidos en Lugo.

Despois de que Liberty House mostrase o seu interese pola compra do complexo de Alcoa, Núñez Feijóo demanda ao Goberno que “a viabilidade da planta “pasa necesariamente por dispor de forma inmediata dun prezo eléctrico competitivo, cando menos ata que se poida garantir a viabilidade a medio prazo”.

CARTAS A INDUSTRIA E TRANSICIÓN ECOLÓXICA

Feijóo enviou senllas cartas ás ministras de Transición Ecolóxica e Industria ante o incerto futuro da planta de aluminio de Alcoa San Cibrao, que vive horas decisivas.

De tal forma, pide á ministra de Industria información e documentación das actuacións do Goberno para poder fundamentar con máis detalle o expediente do ERE, así como así como incumprimentos de Alcoa na concesión de axudas e as súas posibles obrigas de devolucións en caso de despedimento colectivo. Tamén pide todos os requirimentos que evidencien que o custo de pechar é maior que retirar ou ampliar as consultas.

Pola súa banda, empraza á ministra de Transición Ecolóxica a que concrete un marco enerxético que garanta o mantemento da actividade industrial e os postos de traballo de San Cibrao. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...