InicioEconomíaAlcoa non se presenta á reunión convocada polo Goberno central

Alcoa non se presenta á reunión convocada polo Goberno central

A propietaria, o Executivo estatal, a Xunta, os tres grandes sindicatos a nivel galego e o Liberty estaban citados a un encontro telemático por unha solución para a planta de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa non se presentou á reunión telemática convocada na tarde-noite deste mércores polo Goberno central, xuntanza na que ían participar a multinacional, representantes das organizacións sindicais –CIG, CC OO e UGT-, Xunta de Galicia, Goberno estatal e o potencial comprador do complexo industrial de San Cibrao, Liberty House/GFG Alliance.

A ausencia da propietaria da planta de aluminio, para a que presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía 534 despedimentos na fábrica e outros 400 en empresas auxiliares, rebenta calquera posible avance na reunión de hoxe. A multinacional cínguese ao período de consultas do despedimento colectivo, que se retomará mañá xoves no restaurante lucense de Los Robles, ás 10.00 horas.

A falta de quen ten a última decisión sobre a factoría supón un revés para os traballadores, que retomarán as conversas -logo dun receso dun día- nunha posición complicada. Os sindicatos solicitaran o amparo das Administracións ante a insistencia de Alcoa en parar as cubas, medida que supón para as centrais a liña vermella, pois entenden que o apagado da maquinaria de electrólise sería a morte da fábrica.

As centrais pediron unha tregua, logo de máis de 30 horas de negociación, para poder revisar a acta de desacordo presentada pola compañía. Que non se asinase o mencionado documento permitiu gañar tempo para convocar a todas as partes, pero tras deixar ‘plantadas’ ás Administracións Alcoa semella rebentar calquera posibilidade dunha venda coas cubas operativas.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...