InicioEconomíaO persoal de Alcoa abordará en asemblea un posible recrudecemento da folga...

O persoal de Alcoa abordará en asemblea un posible recrudecemento da folga indefinida e novas protestas

Os sindicatos explicarán este martes aos obreiros a situación actual dentro do ERE presentado pola multinacional na planta de aluminio e debaterán a folla de ruta a seguir

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao convocou para o vindeiro martes, ás 15.00 horas na entrada do complexo industrial, fronte aos locais dos sindicatos, unha asemblea de traballadores para explicar a situación actual dentro do proceso do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional na planta de aluminio.

Na protesta abordaranse, segundo a orde do día, as “próximas mobilizacións“, así como a situación de folga indefinida, iniciada o pasado 19 de xullo. Nestes momentos, o paro afecta esencialmente á produción de placa T, e os obreiros do complexo industrial debaterán a proposta do comité un posible recrudecemento do acto de protesta, dando ou non un paso máis adiante para impedir a entrada e saída de materiais e produtos.

O comité prega a “máxima asistencia” por parte do persoal e o cumprimento das medidas establecidas para evitar contaxios de Covid-19.

O CONFLITO LABORAL, ENQUISTADO

Alcoa deu por zanxado sen acordo o período de consultas do despedimento colectivo, que afectaría a 534 empregados da planta de aluminio e a outros 400 traballadores de empresas contratistas, despois de no último día de prazo as furgonetas nas que viaxaban os seus representantes fosen recibidas co lanzamento de ovos por parte dalgúns traballadores. Alegou a multinacional “temer” pola “integridade física” dos seus delegados para negarse a realizar un último encontro presencial, tal e como reclamou o comité. Así, a compañía asegurou que nun máximo de 15 días remitirá á autoridade laboral a súa decisión.

A metalúrxica insiste en acordar previamente unha parada das cubas de electrólise antes de iniciar un proceso de venda, unha medida que rexeitan os obreiros ao entender que suporía “a morte” da fábrica dubidar da boa vontade da multinacional para vender as instalacións a competidores como a británica Liberty House/GFG Alliance, interesada na compra da factoría. Os traballadores apelaron a Xunta de Galicia e Goberno central para que medien no conflito a fin de que Alcoa acceda a negociar sen requerir o apagado da maquinaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...