InicioEconomíaReyco selecciona 30 traballadores para ampliar a 200 o seu cadro de...

Reyco selecciona 30 traballadores para ampliar a 200 o seu cadro de persoal

A empresa de loxística e transportes radicada en Foz pode darlle unha oportunidade laboral "a calquera persoa da comarca que fale francés fluído", asegura

Publicada o

- Advertisement -

A empresa de loxística e transportes Reyco, que ten a súa sede principal en Foz, selecciona traballadores para ampliar o seu cadro de persoal. Actualmente conta con 170 obreiros e prevé chegar aos 200 neste ano, cando a firma cumpre o seu 25 aniversario.

Os responsables de Reyco explican que “nos últimos anos a empresa experimentou un importante crecemento, tanto en volume de negocio como en xeración de emprego, chegando ás cifras actuais: o grupo supera os 20 millóns de euros de facturación anual e os 170 empregados directos, a maioría en Galicia. Actualmente continuamos con plans de crecemento e consolidación e temos a previsión de crear 30 novos postos de traballo antes de final deste ano, chegando así aos 200 empregos directos. Poderán ter cabida na nosa empresa persoas con perfil dinámico e dominio de idiomas, especialmente francés. Actualmente poderíamos darlle unha oportunidade laboral a calquera persoa da comarca que fale francés de forma fluída”, expoñen.

Reyco é unha empresa de transporte e loxística que ofrece servizos por toda Europa desde a súa sede principal situada en Foz, concretamente en Fazouro. “É algo pouco común neste sector xa que a maioría de empresas do noso volume están en torno a grandes zonas industrializadas e próximas a importantes vías de comunicación”, destaca a xerencia de Reyco, firma que conta con delegacións en Valencia e Irún, dous polos importantes no transporte internacional.

OBREIROS DE 15 NACIONALIDADES

Tamén salientan que Reyco “móvese nun ambiente completamente internacional, tanto polos clientes como polas persoas de diferentes nacionalidades que forman parte da empresa. Na actualidade hai traballadores de 15 nacionalidades: española, portuguesa, francesa, italiana, belga, holandesa, búlgara, romanesa, moldava, alemá, ucraína, polaca, suíza, luxemburguesa e marroquí. Algo que nos enorgullece especialmente é poder xerar tanto emprego aquí, na nosa terra, en Foz; que xente de diversos lugares de Galicia, de España e tamén doutros sitios de Europa veña vivir a Foz para traballar na nosa empresa. A maioría dos 170 empregos directos que temos actualmente están na nosa base de Foz e ese capital humano é fundamental para Reyco”, conclúe a directiva da empresa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...