InicioEconomíaAlcoa anuncia un acordo cos sindicatos para prorrogar o período de consultas...

Alcoa anuncia un acordo cos sindicatos para prorrogar o período de consultas ata o 28 de setembro

De non concretarse ata daquela unha venda a Liberty, retomaríanse as conversas entre as dúas partes para a aplicación "dun Erte ou un ERE", matiza a multinacional

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa anunciou este xoves a través dun comunicado que alcanzou un acordo cos representantes dos traballadores da planta San Cibrao para estender o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado na planta de aluminio ata o 28 de setembro.

O acordo, segundo remarcou a multinacional, conta co apoio do Goberno central e da Xunta de Galicia, e inclúe “un proceso para avaliar unha posible venda da planta de aluminio a Liberty House/GFG Alliance, empresa que expresou publicamente o seu interese en adquirir a instalación“.

Unha potencial venda da planta de aluminio incluiría as series de electrólises e a fundición, cunha capacidade de produción anual de 228.000 toneladas. Estas instalacións continuarán operando durante o proceso de avaliación da venda, tal e como solicitaban os sindicatos, que entendían a parada de cubas como a “morte” do complexo industrial. Alcoa reclamaba que se asinase o apagado da maquinaria antes de abordar unha posible operación de compra-venda durante seis semanas.

“En caso de non chegar a un acordo de venda o 27 de setembro, a compañía e os representantes dos traballadores reuniríanse o 28 de setembro, para os efectos de considerar, dentro dese mesmo día, un acordo dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) e, en caso de non chegar a un acordo sobre o Erte, a implementación dun despedimento colectivo“, expón a multinacional na nota. Polo tanto, non cabe, esgrime a compañía, ningunha outra oferta nin negociación á marxe destas dúas posibilidades.

ALÚMINA NON SE INCLUIRÁ NO PROCESO

O período de consulta formal comezou o 25 de xuño de 2020, xustificado por Alcoa en base ás “perdas económicas persistentes e recorrentes”.

Alcoa asegura na nota que a refinería de alúmina “non está incluída na consulta nin no proceso de venda”.

DESCONVOCADA A FOLGA

Segundo confirmaron fontes da propia multinacional, os sindicatos comprométense a desconvocar a folga indefinida e a “respectar a paz social” desde a sinatura do acordo. É dicir, en principio non habería, expón Alcoa, ningún tipo de protesta mentres dure o proceso de venda a Liberty House.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...