Viveiro acollerá esta semana a cuarta Interfederativa de Confradías de Pescadores del Cantábrico Noroeste, unha cita que se celebra de novo na Mariña Lucense, pois a anterior foi en Burela, no pasado mes de novembro.
Participarán no evento os presidentes, ademais doutros representantes, das agrupacións de pósitos de Gipúscoa, Biscaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega.
O encontro celebrarase no Hotel Thalasso Cantábrico de Covas o 4 e o 5 de outubro. Na xuntanza analizaranse temas de interese das flotas artesáns, como problemas actuais e principais retos de futuro.
XOVES
A xornada técnica do xoves abrirase ás 16.00 horas. Os representantes das oito federacións de confrarías abordarán temas coma os descartes, as medidas técnicas, o regulamento de control ou o plan de xestión do caladoiro.
VENRES
Para o venres queda unha reunión de traballo entre as confrarías e representantes das administracións pesqueiras de España e das comunidades autónomas do Cantábrico.
AUTORIDADES
Neste acto está prevista a asistencia da secretaria xeral de pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz; a conselleira de Mar, Ana Rosa Quintana, en representación da Xunta de Galicia, e os directores de pesca de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.