InicioEconomía(CON VÍDEO) Cascos de Liberty House en Viveiro para reclamar a Alcoa...

(CON VÍDEO) Cascos de Liberty House en Viveiro para reclamar a Alcoa que venda Aluminio

Os traballadores do complexo industrial de San Cibrao, acompañados de familiares e veciños, amosaron nunha concentración o seu apoio a unha venda da planta

Publicada o

- Advertisement -

Traballadores de Alcoa San Cibrao, acompañados de familiares e veciños da Mariña Lucense, amosaron este domingo en Viveiro o seu apoio a unha venda da planta de aluminio, onde a propietaria presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) cuxa tramitación está en suspenso á espera de frutifiquen as negociacións co potencial comprador das instalacións, Liberty House.

Os obreiros repartiron entre os presentes cascos da siderúrxica británica para transmitir que ven a venda como a única saída para evitar o despedimento colectivo e a parada de cubas planta de aluminio, o que suporía segundo a proposta da titular a perda de máis de 900 postos de traballo entre a factoría e as empresas auxiliares do complexo industrial.

Cascos de Liberty House na Praza Maior de Viveiro. AXM

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao reunirase o vindeiro mércores en Madrid coa potencial compradora da planta. Unha cita para “a esperanza“, segundo expuxo o presidente do comité, José Antonio Zan. “Temos a posibilidade dun futuro ante nós e temos que aproveitalo. Hai un contrato de futuro, e a esa opción téñennos que levar o Goberno central e a Xunta de Galicia“, expuxo o sindicalista.

Os manifestantes bateron os cascos contra o solo da Praza Maior e pronunciaron unha vez máis consignas como ‘A Mariña sálvase loitando‘, ‘enerxía solución‘, ‘Álvaro Dorado, primeiro ti ao paro‘ ou ‘ministra Ribera, ao ERE ti primeira‘.

TRES SEMANAS DE PRAZO

Alcoa e Liberty House seguen por agora sen acordo para pechar a primeira fase de venda, antes de iniciar unha auditoría das instalacións. O comité de empresa culpa á propietaria de poñer “todas as trabas posibles” a unha venda, mentres que a titular acusa a Liberty House de formular propostas “non razoables”. A siderúrxica británica garda silencio a tres semanas de que remate o prazo para consumar un preacordo; de non haber pacto antes do 28 de setembro, ese día a multinacional estadounidense e os sindicatos retomarán a negociación do despedimento colectivo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...